Piden a colaboración cidadá para localizar ao autor do envelenamento de gatos en Conde de Bugallal

Trátase dun acto delitivo, "cruel e inmoral" no que dous felinos faleceron
Un grupo de gatos. ADP
photo_camera Un grupo de gatos. ADP
O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, amosou onte a súa "absoluta repulsa" ante o envelenamento acontecido na colonia de gatos esterilizados que a asociación Difusión Felina e o Concello teñen controlada na rúa Porta Grande, no contorno de Conde de Bugallal. O edil socialista solicitou a colaboración cidadá para poder dar co autor ou autores "deste acto que, á marxe de incívico, cruel e inmoral, é un acto delitivo no que dous animais perderon a vida tras pasar por un calvario de dor e sufrimento", tipificado en el Código Penal. Rey instó a los vecinos de la zona y a la ciudadanía pontevedresa en general a aportar información que permita identificar al autor o autores del envenenamiento a través del correo [email protected].