lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Pilar Comesaña fala hoxe con Serafín Alonso no ciclo 'Conversas na Uvi'

Serafin Alonso e Pilar Comesaña. DP
Serafin Alonso e Pilar Comesaña. DP

A concelleira de Sanidade Animal e da parroquia de Campañó, entre outras, Pilar Comesaña, é a protagonista da primeira das Conversas na Uvi de 2019. A política do BNG charlará co xornalista especializado en información municipal do Diario de Pontevedra, Serafín Alonso, nun ciclo que organizan conxuntamente este periódico e a Universidade de Vigo. A cita é hoxe (20.00 horas, entrada libre ata completar aforo) na Casa das Campás.

A quinta edición de Conversas na Uvi iniciouse o pasado mes de outubro coa charla que mantiveron o coordinador do ciclo, Ramón Rozas, e o director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros. No mes de novembro foi a vez do columnista Rodrigo Cota, que mantivo un encontro co candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. A conversa do mes de decembro correu a cargo da xornalista María Varela e da presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Pilar Comesaña fala hoxe con Serafín Alonso no ciclo 'Conversas na...
Comentarios
ç