Pilar Dopazo, candidata a la alcaldía de Compromiso por Galicia en las elecciones del próximo 24 de mayo, charla con los lectores de Diario de Pontevedra.
►(Jorge) Que diferenzas hai entre BNG e Compromiso?
-Básicamente, a maneira de actuar. Nós somos máis de estar coa xente, de ter un contacto máis directo coa cidadanía.
►(Pepa) Si logra representación, cuál será su primera medida en el Ayuntamiento?
-Empezar por unha auditoría, na que se expuxeran as contas do Concello. A primeira medida sería enfocada ós Servizos Sociais, mellorándoos cunha maior inversión.
►(Andrés) Cales serían as súas condicións para apoiar a Lores no caso de que este non acadase a maioría absoluta e precisase dos escanos de CxG?
-Non me considero quen de por condicións, en primeiro lugar. Despóis, habería que falar e que a transparencia fose a base dos entendementos ós que chegásemos. E se a representación é mínima, non habería posibilidade desa unión e traballaríamos dende a oposición. Se a cidadanía quere que sexamos oposición, seremos oposición.
►(Margarida) Cales son as súas referencias na política?
-Voume quedar en Pontevedra e claramente Teresa Casal e Teresa Táboas, por galeguistas e por defensoras da igualdade da muller. Ademais das políticas que levaron a cabo.
►(Paco López) Apoia a permanencia de Ence en Lourizán?
-Apoiamos o traslado dentro da comarca e completar o ciclo do papel. Pero nós, polo que realmente apostamos, é por un referendo, con todas as garantías e que sexa a cidadanía a que decida se Ence queda onde está ou se cambia de sitio.
►(Luz Santiago) Que van facer polas parroquias? Ás veces parece que o Concello esquece que tamén forman parte de Pontevedra.
-Empezo lembrando que eu son de parroquia, concretamente de Lourizán, e estou moi sensibilizada, polo que me vou adicar de cheo en que non haxa tanta diferencia entre centro e rural, e que teñamos os servizos polos que pagamos exactamente igual que os do centro, como o saneamento, o transporte público... Non somos cidadáns de segunda
►(Tereixa Rodríguez) Por que hai que votar a Compromixo por Galicia?
-Isto parece El Gran Hermano. Por qué son merecedora de quedarme? Pero realmente o tempo de cambio chegou. É o que pide a xente. Nós non somos como o leite que ferve, somos un partido que empezou dende abaixo, dende a base, estamos moi ben estruturados e estamos destinados a seguir consolidándonos.
►(Deputado Orlando) CxG seica non goza dunha base sólida entre o nacionalismo pontevedrés como a do BNG. Cal sería o resultado co que se daría por satisfeita? E non me diga que a Alcaldía, porque iso é unha quimera... e o sabe
-Será a cidadanía a que decida o posto que imos ocupar. Evidentemente, sí queremos ter representación co maior número de concelleiros posible.
►(Curioso) ¿Qué opinión tiene de los demás candidatos? ¿Se atrevería a describirlos?
-Carlos Maestro: Moléstame a falta de cobertura que se lle da, porque sei o que é que non te cubran a nivel mediático. Pero considero que UpyD xa acabou o seu tempo.
Luís Rei: Paréceme unha persoa interesante pero non así algún que outro candidato da súa agrupación.
Agustín Fernández: Creo que o ten moi complicado. Está nun momento de decadencia.
Jacobo Moreira: É moi blando e igual non debería ter que facer todo o que lle mandante. Debería ter algo máis de iniciativa propia.
Miguel Anxo Fernández Lores: Xa lle é tempo de que ceda o paso á xente que vén detrás.
As Marías: Lévome moi ben con elas, aínda que cada unha teñamos a nosa liña política, e moi diferenciada, ademais. Pero somos mulleres e estamos aí, que non é pouco.
►(Antón Córdoba) De todo lo hecho por el BNG en estos 16 años, ¿qué cambiaría, qué suprimiría y qué incorporaría?
-Cambiaría o desapego polo rural, suprimiría a falta de contacto coa xente e incorporaría a transparencia na xestión.
►(Xavi Pérez) ¿Cuál es su proyecto urbanístico para Pontevedra?
-Deixar de prometer un PXOM e telo feito. Definir a industria escaparate, que será unha baza importante para o plan de traballo. E transporte urbano híbrido, que sexa a unión entre aparcadoiros disuasorios, o centro e lugares como colexios, hospitais, centros de saúde.... Empezar a recoller tamén premios dos cidadáns de Pontevedra e non só dos extranxeiros por ter ben feitas as cousas.
►(Eterno) Lores leva 16 anos pegado á silla. Algúns din que demasiado tempo e eu estou de acordo. Vostede que pensa? Se poidera, tamén tería apego polo poder?
-Eu tamén estou de acordo. No noso programa levamos que non se poden perpetuar os cargos máis alá de dous mandatos, polo tanto na proposta do noso programa tén a resposta.
Mensaxe de despedida: Agradezo a toda a xente que achegou as súas preguntas polo seu interese nas nosas ideas e que apoien a Compromiso por Galicia, porque realmente o cambio é posible e dese xeito empezaremos a amosar o que é facer política entre todos, entre os que estamos no Concello e os que non o están, os cidadáns. A nosa política vai ser conxunta.