jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Un pinto e unha maragota polos dereitos do colectivo LGTBIQ+

Carmen Fouces, na presentación do programa Pinto e Maragota. GONZALO GARCÍA
Carmen Fouces, na presentación do programa Pinto e Maragota. GONZALO GARCÍA

O Concello lanza un proxecto transversal para velar pola normalización e visibilización da diversidade sexual

O pinto e a maragota son peixes da mesma especie que mudan de sexo na metade da súa vida. Deste xeito, nos primeiros anos son femias e, co paso do tempo, viven como machos que se encargan de coidar á prole. "Esta é unha forma de demostrar que todas estas cuestións de diversidade sexual están na natureza dende sempre, contra o que poida dicir a xente que opina que os colectivos LGTBIQ van contra natura, o que non é natural é certo pensamento retrógrado".

Explicouno este martes a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, no Concello de Pontevedra para presentar o proxecto que levará a cabo o Goberno municipal e que leva precisamente ese nome: Pinto & Maragota. Esta e unha iniciativa "pioneira", segundo salientou Fouces, que pon de manifesto a necesidade de traballar pola normalización e visibilización da diversidade sexual e dos dereitos das persoas do colectivo LGTBIQ+ (lesbianas, gais, transexuais, intersexuais e queer).

A finalidade deste programa é visibilizar e normalizar a diversidade sexual buscando a empatía da sociedade pontevedresa. Deste xeito, o programa pretende ser permeable a toda a sociedade e inclúe actividades culturais, exposicións fotográficas, roteiros, programas na radio, obradoiros de educación sexual nos centros e intervencións no ámbito rural, un aspecto de destacou Fouces. Ademais, o Concello achegará ás familias a pobibilidade de recibir asesoramento de profesionais, tanto para persoas LGTBIQ como para os seus achegados. O centro de atención que o Concello pon a dispoñibilidade da cidadanía estará nas oficinas do Centro de Información á Muller, na rúa Santa Clara.

Para a posta en marcha do proxecto contarán coa colaboración de organismos e asociacións de persoas LGTBIQ+, como a asociación Avante, fundada recentemente por mozos e mozas pontevedresas e que é o primeiro colectivo que traballa pola diversidade sexual na cidade. Con iniciativas coma esta, o Concello pretende dar a imaxe dunha cidade tolerantes e respectuosa co colectivo LGTBIQ+ e mellorar a vida de toda a cidadanía que vive nela.

Primeiro encontro ► Xornada de educación o 19 de xaneiro
A primeira acción do programa Pinto & Maragota é unha xornada sobre educar na diversidade sexual que terá lugar no Pazo da Cultura o 19 de xaneiro. A xornada comezará coa ponencia da sexóloga Martina González Veiga O silencio educa: a mala educación sexual, continuará con Cristina Palacios, da asociación Arelas, que falará da realidade trans nos centros de ensino e cos membros do grupo LG TBI do IES Politécnico de Vigo, que contarán a súa experiencia. Ademais, integrantes de Avante ofrecerán a conferencia A voz da mocidade diversa. Pola tarde, abordarase nunha mesa redonda a diversidade sexual na literatura con María Reimóndez, Eva Mejuto, Eli Ríos e Iria Misa. Pola súa banda, Lucas Platero falará das ferramentas para evitar casos de acoso escolar. A xornada rematará coa intervención de Amada Traba cunha ponencia sobre educación sexual.

Un pinto e unha maragota polos dereitos do colectivo LGTBIQ+
Comentarios
ç