A pizza de froitas e as tortas de castaña protagonizan os novos talleres do Ganapán

Os cativos e cativas de entre 4 e 10 anos poderán achegarse esta fin de semana ao Mercado de Pontevedra para a realización das actividades
Dúas participantes nos obradoiros do Ganapán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
photo_camera Dúas participantes nos obradoiros do Ganapán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

O programa de animación e lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no primeiro andar do Mercado de Abastos, desenvolverá esta fin de semana unha nova oferta de talleres nos que os máis pequenos poderán amosar a súa creatividade e as súas habilidades culinarias.

O sábado 23 de outubro, no Espazo Gastro, os rapaces terán ocasión de elaborar unha receita de pizza de froitas, diferente, colorida, saudable e divertida, mentres que no Espazo Crea confeccionarán boliñas antiestrés perfectas para aliviar tensións e eliminar nervios (customizadas como divertidos personaxes).

Sábado 23 de outubro

O domingo 24 empregarase un produto de tempada outonal como a castaña para preparar ricas e enerxéticas tortas e deseñar adorables espantallos para manter a fauna a raia das froias e verduras dos nosos hortos.

Domingo 24 de outubro

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, precisa que "tódolos nenos e nenas de entre 4 e 10 anos interesados en participar poderán reservar praza de balde no correo elecrónico [email protected], inscribíndose antes das 16:00 horas do día anterior ao da celebración dos obradoiros".

As actividades realizaranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, sendo moi aconsellable levar friameira para regresar a casa coas receitas elaboradas.