Una placa conmemora os trinta anos da primeira sentenza ditada en galego pola Audiencia

A Irmandade Xurídica Galega rende homenaxe aos maxistrados Xoán Manuel Alfaya, Xosé Xoán Barreiro e Luciano Varela, e ao fiscal Benito Montero "polo seu compromiso co noso idioma"

Placa conmemorativa da Irmandade Xurídica Galega. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Placa conmemorativa da Irmandade Xurídica Galega. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os nomes dos xuíces Xoán Manuel Alfaya Ocampo, Xosé Xoán Barreiro Prado e Luciano Varela Castro, xunto co do fiscal Benito Montero Prego figuran unha placa instalada este sábado nun xardín alleo ao edificio da Audiencia Provincial para conmemorar os trinta anos que pasaron desde a primera sentencia judicial ditada íntegramente en galego na institución xurídica.

O acto, organizado pola Irmandade Xurídica Galega con motivo da súa XII asemblea (que se desenvolveu no Pazo Provincial da Deputación), foi unha homenaxe aos maxistrados e profesionais da xustiza que usan a diario o idioma galego. Entre outras autoridades asistiu ao evento o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.

A placa, segundo indicou Avelino Ochoa Gondar en representación da Irmandade, lembra "o compromiso persoal, duradeiro, valente e consecuente co noso idioma" dos catro homenaxeados que, precisou, puxeron "a semente maxistral que está a dar azos a todos os que seguen a crer na normalización lingüística, tamén no ámbito xudicial, porque demostraron que o difícil labor de impartir xustiza é posible facelo da maneira máis achegada, falándolle á xente no idioma de seu".

"Racharon un mito falso, porque aínda hai que a estas alturas mantén que o idioma galego como instrumento non é acaído para materias científicas, estes maxistrados e este fiscal probaron cumpridamente que para o Dereito sí serve", engadiu Ochoa.

Con todo, tres décadas despois os profesionais da Xustiza que usan o galego nas súas resolucións "son desgraciadamente minoría", resaltou o voceiro da Irmandade. Puxo como exemplo que na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia correspondente ao ano 2017, na que "unha soa liña viña en galego, o título, e o resto 193 páxinas, en castelán. No idioma propio do país resolvéronse o 1% ou o 2% dos asuntos".

"Aquela sentenza foi unha areíña na longa historia do galego, un acto de amor pola nosa nai Galicia", indicou Benito Montero

Benito Montero, en representación dos homenaxeados, suliñou que aquela primeira sentencia ditada en galego na Audiencia de Pontevedra foi "unha areíña na longa historia do idioma galego, un acto de amor pola nosa nai Galicia e unha ilusión por achegar a normalizar en certa parte á Xustiza".

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que o acto de homenaxe foi "un recoñecemento xusto e merecido" aos tres maxistrados e ao fiscal que "xa forman parte do mellor da nosa memoria, porque sen a nosa lingua non somos nós nin a nosa cultura, historia e tradición. Quen renuncia á súa lingua renuncia á súa autenticidade".

No acto tamén participou o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña, quen dixo confiar en que "cada día sexan moitas máis as sentenzas que se escriban en galego" e que "os nenos e as nenas deste país falen en galego todos os días do ano, que é a mellor maneira de defender a nosa lingua".

Comentarios