viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

El Plan de Ence reserva el espacio del campo de fútbol para "usos deportivo y libres"

Asociación de Veciños Estriceres fixo fincapé "no absurdo que resulta facer un debate público" sobre o campo de fútbol previsto no proxecto

Asociación de Veciños Estriceres fixo este xoves fincapé "no absurdo que resulta facer un debate público" sobre o campo de fútbol previsto no proxecto de ampliación da depuradora de Praceres, dado que, na súa opinión, trátase dunha posibilidade "que non é real, que non existe". "A Lei de Costas non permite facer un campo de fútbol nos terreos de DPMT (Dominio Público Marítimo-Terrestre). En cambio, si que permite facer o Parque da Dignidade (asumido polo Concello de Pontevedra) , por ser unha actuación de mínimo impacto e non precisar de concesión", informou este xoves a asociación nun comunicado. 

A organización veciñal inisiste en que a construción dun campo de fútbol ao carón da EDAR "non sería posible" e argumenta que defender o contrario "é mentir". "A Xunta está a enganar porque busca dividir aos veciños e comprar vontades, pero os representantes do PP en Lourizán defenden este campo. A única dúbida está en saber se eles tamén foron enganados ou se son cómplices desta estratexia argallada desde o seu partido", engade o mesmo comunicado. 

A asocaición Estriceres advirte que, en todo o caso, o asunto do equipamento deportivo está a desviar a atención "do realmente importante". E é que, según afirma, "a Xunta pretende triplicar a EDAR dos Praceres en DPMT, nunha cota de -1 m. sobre o nivel do mar". 

Pola contra, fontes consultadas da Administración autonómica aseveran que a normativa urbanística vixente si admite a construción dun campo de fútbol nos terreos en cuestión, aínda que o anterior equipamento fose derribado por orde de Costas. Según o Plan Especial de Ence-Celulosas, o espacio do anterior campo de fútbol "deberá preservarse como uso deportivo y libre, acumulándose los suelos de cesión y equipamiento en esa zona"

El Plan de Ence reserva el espacio del campo de fútbol para "usos...
Comentarios