jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

O plan Revitaliza de compostaxe aspira a consolidarse definitivamente este ano

Composteiros instalados en Pontevedra hai un par de anos. DAVID FREIRE
Composteiros instalados en Pontevedra hai un par de anos. DAVID FREIRE
O 2020 pechou con dous novos concellos adheridos, 160 centros de compostaxe comunitaria, 9.500 composteiros individuais

O ano 2021 preséntase para o Revitaliza, o plan de compostaxe promovido pola Deputación, como o da consolidación definitiva nos concellos da provincia. Os municipios máis adiantados serán quen de cumprir as esixencias da UE en canto a reciclaxe, xa que en breve chegarán ao 50% dos residuos preparados para reciclar, tendo o tratamento dos biorresiduos un papel "chave" no respecto ao medio ambiente.

Segundo os datos que manexa o deputado responsable da área, Uxío Benítez, neste 2020 o programa provincial sumou dous novos concellos, Cañiza e Dozón, ata chegar aos 47. Nestes momentos conta con 160 centros de compostaxe comunitaria (CCC) instalados, 9.500 composteiros individuais (COIN) xestionados e preto de 23.000 seguimentos realizados polo persoal técnico, ben sexa de maneira presencial ou telefónica durante o confinamento.

Tal e como sinalou a Deputación, as cifras poñen de manifesto que se cumpriron os obxectivos marcados para este exercicio que acaba de rematar, posto que as previsións eran que a veciñanza compostase os seus biorresiduos en ata 170 centros comunitarios e en preto de 7.100 individuais, según as contas que facía o persoal técnico provincial a finais de 2019. Como perspectiva de mínimos, para os vindeiros meses a idea é superar os 250 CCC e 13.000 COINS en activo.

Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para extender o sistema con medios de titularidade municipal. No caso de Vilaboa hai dez CCC instalados e repartidos 1.134 COIN, o que fai que proporcionalmente sexa unha das localidades que teña maior xestión do seu lixo baseada na compostaxe, coa maioría dos grandes produtores adheridos ao programa.

NA CAPITAL. En Pontevedra, que xa dispón do seu propio plan (Composta), as cifras en 2021 comezan con 34 CCC instalados, 2.568 COIN e 5.888 visitas de seguimento. No Grove teñen 10 CCC e alcanzan preto de 600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario hai xa 12 e 10 CCC, e 814 composteiros individuais e 97, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN entregados subiron ata os 1.104.

Das novas incorporacións de concellos á Liña 2, Poio desistiu finalmente, mais Valga e Tomiño, xunto con A Illa están a dar un pulo importante aos repartos de composteiros en tempo récord. Na Illa tutelaranse un total de 800 COIN e 5 CCC, dos que xa está un montado; en Valga están xa distribuídos 450 COIN dun total de 1.300 e ten funcionando dous CCC, a metade dos previstos.

Por outra banda, o Revitaliza continuará no 2021 coa súa proxección internacional, mantendo a colaboración coa Illa de Príncipe, con outras illas africanas e con organismos estatais.

Máis implicación de produtores rurais
A equipa do Revitaliza porá todos os medios ao seu dispor para potenciar os concellos que apostaron pola compostaxe. Aínda que se continuará asistindo aos municipios que están en fase de concienciación (con centros de compostaxe illados) apostarase por salvagardar as necesidades dos concellos en liña 2 que buscan xestionar de maneira global os residuos baseando a súa estratexia na compostaxe. Tamén se prevé buscar unha maior implicación de entidades e produtores rurais co fin de seguir o modelo austríaco, que defende que os residuos municipais sexan tratados en plantas con colaboración de empresas de gande

O plan Revitaliza de compostaxe aspira a consolidarse...
Comentarios
ç