O Plan Social de Ence financia 470 proxectos

A demanda de axudas medrou un 37% dende a anterior convocatoria

Vista da factoría. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Vista da factoría. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A segunda Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra pechouse con preto de 470 proxectos presentados. Destaca o número de solicitudes tramitadas nas áreas de Apoio ao Deporte, con 175 propostas, e de Recuperación e Coidado da Contorna, con 90 solicitudes.

Os programas de Impulso ao Emprendemento e á Innovación recibiron 68, os de Apoio á Educación e á Cultura 55, os de Loita contra a Exclusión Social 41 e os de Axudas Veciñais 38. Hai que destacar que o importe total das axudas solicitadas elevouse a once millóns de euros. "Esta importante resposta pon de manifesto o éxito desta iniciativa de Ence de compromiso e contribución á súa contorna social", explican fontes da empresa. O proxecto tivo un gran seguemento polos veciños de Pontevedra, Marín e Poio do Plan Social de Ence.

Este plan é unha das iniciativas de maior envergadura dunha empresa privada en España e está a supoñer unha importante contribución á loita contra a exclusión social e á calidade de vida

Este plan é unha das iniciativas de maior envergadura dunha empresa privada en España e está a supoñer unha importante contribución á loita contra a exclusión social e á calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra e da súa comarca, así como á educación e ao coidado da contorna natural, tal e como explican os integrantes da empresa.

Do mesmo xeito, o venres sóubose que a pasteira constituíu unha comisión asesora experta en materia de sostibilidade. O novo órgano adicarase a revisar a política de responsabilidade social da empresa, ademais da estratexia corporativa e de comunicación. Tamén orientará as decisións da empresa no eido medioambiental e de seguridade.

Comentarios