O Plan Social de Ence pon en valor proxectos en prol da natureza

Medio Ambiente ▶O programa de Ence outorgou axudas a 48 proxectos que coidarán a contorna, protexerán os montes e concienciarán sobre o medio ambiente

O Plan Social dirixe as súas axudas a entidades ecoloxistas ou asociacións que traballen en prol da natureza. D.F.
photo_camera O Plan Social dirixe as súas axudas a entidades ecoloxistas ou asociacións que traballen en prol da natureza. D.F.

As bolsas de plástico instaláronse na nosa cultura pero pouco van desaparecendo. Ademais de non ser necesarias, provocan serios problemas para o medio ambiente xa que non se reciclan e tardan 400 anos en desintegrarse. Por isto, os danos que lle crean á natureza son ilimitados xa que, de media, unha persoa emprega 250 bolsas ao ano. Co gallo desta problemática, a Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín creou o ano pasado a campaña ENCEnde a Reciclaxe, grazas a unha axuda do Plan Social de Ence.

Estas achegas están dirixidas a entidades ecoloxistas, asociacións e institucións que coa súa actividade traballan na recuperación dos espazos marítimos e terrestres, na prevención de incendios en zonas forestais e na recuperación de zonas afectadas polos mesmos, así como no coidado da contorna.

Os empresarios marinenses volvense beneficiar este ano deste subsidio polo que puxeron xa traballan na segunda edición do citado programa. O plan busca reducir o consumo de bolsas dun só uso nos establecementos adheridos e, ademais, ao longo do ano fai campañas de sensibilización entre a poboación marinense sobre os problemas que supón o uso abusivo do plástico. "O ano pasado, conseguimos que o 50% dos locais deixasen de empregar bolsas de plástico e este ano imos por máis", explica o xerente do coletivo, Yonathan Carreira.

Os actos principais da campaña de concienciación deste ano desenvolveranse na Semana Europea da Prevención de Residuos, do 16 ó 24 de novembro. Instalarán un stand da asociación na propia Praza de Abastos marinense: por cada bolsa de plástico dun só uso que lle entreguen os cidadáns e cidadás, estes recibirán unha reciclable.

Pola súa banda, a Comunidade de Montes de Chandebrito, no concello de Nigrán, empregará esta achega para tentar volver a ter os espazos verdes que lles arrebataron as chamas nos incendios que arrasaron a parroquia en outubro do ano pasado.

RECUPERACIÓN. Os comuneiros comezaron en marzo coa reforestación da zona, con especies como carballos. pero o labor continúa coa recuperación da zona do castro de Chandebrito, que ocupa unha extensión de 9 hectáreas.

Un dos responsables da Comunidade de Montes, Benito Vilas, explicou que coa aportación de Ence actuarán "na contorna do castro para recuperar esa zona. Realizarase unha intervención arqueolóxica para recobrar tamén unha das vivendas que había alí, para poñela en valor e introducila dentro do Bosque da Memoria".

A asociación pretende rescatar o lugar tanto a nivel medioambiental como cultural. Vilas destacou a importancia de recibir a facilitada por Ence. "Esta axuda marca o inicio da recuperación, que é moi importante para todos nós. Sen a axuda non sería posible", pronunciou.

CÁTEDRA. O Club Xuvenil e familiar Belmar de Pontevedra e a Universidade de Vigo tamén son beneficiarios do citado Plan Social. O primeiro investirá a axuda nun proxecto de conservación do medio ambiente e na posta en valor do patrimonio natural, concienciando aos máis novos sobre a conservación da nosa contorna.

A entidade educativa promoverá, co recibido desta subvención, accións de investigación, formación e docencia con relación á Cátedra Ence da Escola de Enxeñería Forestal. Dende 2001, este plan impulsa prácticas profesionais en empresas e becas de formación, entre outros, aos universitarios e universitarias.