O Plan Supera 21 aportará subvencións para investimento e gasto corrente

Os criterios de baremación inclúen a disminución de facturación ► O Concello ten previsto un orzamento de 600.000 euros para a primeira solicitude e de 300.000 para a segunda
Yoya Blanco e Anabel Gulías na presentación, onte, do Plan Supera 21. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Yoya Blanco e Anabel Gulías na presentación, do Plan Supera 21. BEATRIZ CÍSCAR

O Goberno local vén de presentar dúas convocatorias diferentes dentro do Plan Supera, destinado a paliar os negativos efectos económicos derivados da pandemia do covid-19. Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, quixo darlle as grazas ó funcionariado e ás asociacións que participaron na creación das bases destas axudas.

A primeira liña, que se adica ó gasto en investimento, non presenta grandes cambios con respecto ó Supera 20. O seu orzamento sitúase nuns 600.000 euros.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, salientou que "vaise a facer especial fincapé en axudar ó financiamento de todo o que ten que ver coa dixitalización: adquisición de equipos informaticos e demáis".

Tamén se inclúen nesta lista as obras centradas na mellora da accesibilidade, tanto dentro como fora dos locais comerciais, as obras para renovar e embelecer as fachadas, e o cambio de rótulos.

Esta liña de subvencións financiará os proxectos de eficiencia enerxética dos locais e comercios de Pontevedra e a adquisición de mobiliario. Anabel Gulías tamén confirmou que os vehículos comerciais estarán suxeitos a estas axudas, "que tamén foron unha demanda dos sectores cos que nos entrevistamos".

GASTO CORRENTE. En canto á convocatoria adicada ó gasto corrente, o orzamento é de 300.000 euros. Destinarase "a financiar cuestións derivadas da adquisición de materias de protección contra o Covid-19. Todos estes gastos van a estar financiados, sexan unidades de CO2, as máscaras. Todo o que teña que ver ca prevención de contaxios", asegurou a concelleira de Promoción da Cidade.

Esta liña de axudas tamén apoiarán ó comercio online ou a domicilio, nas fases de envío, transporte e entrega, ou a reparación, mantemento e conservación do mobiliario.

Nese intento por abraguer o maior número de sectores posibles, dentro da liña de gastos correntes tamén se subvencionarán aqueles derivados da publicidade, tanto en sentido estricto como de difusión.

Anabel Gulías puxo énfase no chamado efecto multiplicador, que considera importante para a economía local. Para iso, sinalou que ca liña de gasto corrente "tamén imos a financiar gastos de contratación externa cos servicios específicos realizados por outros profesionais. Unha das condicións destas axudas era ir camiñando cara o obxectivo do efecto multiplicador: damos axuda, por exemplo, a un local de hostelería, e á súa vez pode contratar a un estudo de comunicación para que lle faga a imaxe corporativa. Apoiamos á súa vez o soporte nos medios de comunicación. Estaríamos polo tanto financiando varios sectores".

CRITERIOS. Nesta nova convocatoria hai cambios no sistema de puntuación e baremación para o acceso a estas subvencións. "Para nós segue sendo capital, un asunto central, o fomento do investimento. É por iso que nas bases premiamos aqueles negocios que máis invirtan. Terán unha puntuación superior. Por qué? Polo chamado efecto multiplicador, que creemos que é bo para toda a economía local", sinalou a responsable municipal.

Outro novo criterio, moi relevante, é o da dismunición da facturación, destinado a aqueles comercios cunha maior baixada no número de vendas. Ademáis, o mantemento e a creación de emprego é un criterio clave, polo que se conseguirán máis puntos.

PRAZO. "O prazo de presentación das axudas, por acordo e consenso co sector, aumenta. De 15 días da primeira convocatoria, ampliamos prazo a 30 días naturais, que empezarán a contar no día seguinte á publicación no Boppo", comentou Anabel Gulías.

A liña de investimento, pendente da súa publicación no boletín, será a primeira en saír. A liña de gasto corrente sairá, segundo as previsións do Concello, en 15 días.

Importante a tramitación

A corrección na presentación tamén se premiará na baremación. «Na pasada convocatorio tivemos moitos problemas porque había que revisar solicitude por solicitude, e case un 70 % estaban mal cubertas», afirmou a concelleira de Promoción da Cidade.

A oficina Supera 21, na rúa Dona Tareixa, atende dúbidas presencialmente, chamando ó teléfono 986 80 43 21, ou enviando un correo a [email protected].

Taxas
A concelleira Anabel Gulías confirmou que o adiamento de impostos que se viña levando a cabo dentro deste Plan Supera non vai continuar, e rematará no mes de setembro. O escaso número de solicitudes ata o momento provoca que a medida remate o vindeiro mes.

Comentarios