Playground Store organiza un evento para dar visibilidade ao skate e apoiar ao comercio

Celebrarase este sábado, no skatepark de Mollabao de 12.00 a 20.00 horas
Una persona con su skate. PIXABAY
photo_camera Unha persoa co seu skate. PIXABAY

A firma Playground Store, ubicada na rúa San Román, organiza o evento Playground Jam Support co fin de outorgar maior visibilidade ao skate e amosar apoio ó comercio de proximidade. Será o vindeiro sábado no skatepark de Mollabao, de 12.00 a 20.00 horas, e conta coa colaboración da Concellería de Deportes. 

A xornada será de lecer estilo 'jam', aberta a todo o público, e nela participarán patinadores de toda Galicia. Contarase tamén coa presenza dun DJ que animará o evento con música variada. 

O responsable de Playground Store, José Malaguita, salienta que "é unha iniciativa para o desfrute da comunidade, realizada coa implicación do Concello, na que pode participar todo aquel que o desexe, sen necesidade de inscrición". Pola súa banda o tenente alcalde, Tino Fernández, afirma que esta xornada "supón un xeito de escenificar o noso respaldo a este deporte e aos moitos practicantes que ten en Pontevedra".

Este evento enmarcase no programa municipal A Vida é Movernos. 

Comentarios