lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

O poboado de Nadal colle forma na Praza da Ferraría

O poboado Tempo de Nadal abrirá este xoves. CONCELLO
O poboado Tempo de Nadal abrirá este xoves. CONCELLO
Abrirase este xoves, ás 18.00 horas. Os visitantes poderán comprar un agasallo de Nadal nun dos 15 postos habilitados na praza. O recinto disporá dun protocolo de seguridade covid

A Concellaría de Festas que dirixe Carme da Silva avanza na creación do novo poboado de Nadal da Ferraría 'Tempo de Nadal' que se abrirá este xoves, ás 18.00 horas.

No novedoso poboado as persoas poderán sacar instantáneas nas distintas escenas de Nadal que se están a habilitar na contorna da gran árbore da Ferraría. Ademais, tamén se instalaron 15 casetas onde os visitantes poderán mercar produtos típicos de Nadal como decoracións, ilustracións e felicitacións, grilandas, xabóns naturais, coroas e centros secos, centros de mesas, papel decorativo, axendas, contos infantís e nacementos. Ademais, haberá catro casetas de produtos gastronómicos vinculados co Nadal como bombóns, panettones, pandoros, polvoróns e outros doces típicos desta época. 

Tempo de Nadal estará na praza da Ferraría ata o 5 de xaneiro ás 19.00 horas. Ate ese momento, as persoas que o desexen poderán visitalo en horario de 12.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Os venres, sábados e domingos estará aberto ata as 21.00 horas e os días 24 e 31 de decembro estará pechado.

Tempo de Nadal disporá dun control de seguridade covid en todo o recinto que estará aforado e con controis de acceso dende as catro portas do recinto. No caso de que sexa moi demandado a organización pechará as portas e disporá dunha única entrada e unha única saída. As persoas que accedan pasarán por unha alfombra hixienizante e deberán empregar hidroxel para limpar as mans. Velarase polas distanzas de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara.

O poboado de Nadal colle forma na Praza da Ferraría
Comentarios
ç