A Policía atopa o cadáver dun home no seu domicilio de Virxe do Camiño

Os veciños do inmoble deron a voz de alarma, alertados por un "olor extraño" que procedía da vivenda
Los delitos se produjeron en un establecimiento de la calle Virxe do Camiño. GONZALO GARCÍA
photo_camera Vista xeral da rúa Virxe do Camiño. GONZALO GARCÍA (ARCHIVO)

Arredor da unha da tarde de onte efectivos policiais acharon o cadáver dun home na súa vivenda da rúa Virxe do Camiño. Trátase dun veciño de Pontevedra de 69 anos de idade que vivía só. Segundo os primeros indicios o corpo non presentaba signos de violencia e, a falta do resultado da autopsia, todo fai pensar que o falecemento se produciu por causas naturais.

Foron os veciños do inmoble os que deron a voz de alarma, alertados por un "olor extraño" que procedía da vivenda. Ademais, advertiron que había tempo que non o vían pola zona. Efectivos da Policía Local e Nacional de Pontevedra e do Corpo de Bombeiros atenderon a chamada veciñal e accederon á vivenda onde atoparon o corpo sen vida deste veciño de Pontevedra e deron conta ás instancias xudiciais.