O Concello garantiza que "actuará" no caso das baixas da Policía Local, que xa son 34

Carme da Silva explicou que comunicarán este feito "á inspección médica e ao Sergas e veranse as consecuencias"

Carme da Silva. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Carme da Silva. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Policía Local de Pontevedra continúa sumando baixas médicas e xa son 34, un terzo do plantel, que ronda o cento de axentes. A concelleira delegada de Seguridade, Carme da Silva, reiterou este martes que comunicarán este feito "á inspección médica e ao Sergas e veranse as consecuencias".

Así, subliñou que os policías, como funcionaris municipais, "traballan para a xente, que lle paga o seu salario, non para o Goberno", polo que "alá cada quen coa súa responsabilidade e a súa ética", pero que, en todo caso, "imos actuar". O Concello non pode tomar ningún tipo de medidas directas, pero si poñer a situación en coñecemento do Sergas, que deberá ver se as 34 baixas "están xustificadas", porque ao ser simultáneas, "haberá que ver se son reais e investigar se hai un andazo". As autoridaes, apuntou Da Silva, "terán que ver se as baixas teñen fundamento".

As 34 baixas, en pleno conflito salarial, coinciden co Mundial de Triatlón, o que obrigou ao Concello a contratar unha empresa de seguridade en días sinalados.

Comentarios