lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

A política local e a exhumación de Franco, protagonistas da segunda eliminatoria das murgas

Un momento da segunda eliminatoria do Certame de Murgas. RAFA FARIÑA
Un momento da segunda eliminatoria do Certame de Murgas. RAFA FARIÑA

A gran final do celebrarase este xoves no Pazo da Cultura

A política municipal, o muro de Trump ou a exhumación de Franco foron este mércores materia prima para as coplas da segunda eliminatoria do Certame de Murgas de Pontevedra. "Os ósos do ditador que llos dean a Lores e que faga compost", entoaban os integrantes de Jana de Leria nas súas coplas.

Ata seis agrupacións de murgas actuaron este mércores no concurso de "chirigotas" que anualmente acolle o Pazo da Cultura dentro da programación do Entroido pontevedrés. Con récord de participación e un claro protagonista, Abel Caballero, continuou o certame na noite deste mércores. "Caballero, Caballero, Caballero, menos inglés e máis galego", cantaban os integrantes da murga Jana de Leria, do Grove.

En clave municipal, a Murga PTV fixo un repaso polos candidatos á Alcaldía en Pontevedra. Houbo para todos. "Por el PSOE se presenta otra vez Tino, no lo entendemos, nunca gana, es un caso perdido", dicían. De María Rey dixeron "no hay vida como la de María y presume aún por encima de luchar por la ciudadanía". A Luís Rei acusárono de "rescatar resentidos de otros partidos" e a Rafa Domínguez de encher a lista con "amigos, socios del Casino y clanes familiares". Noutra liga xoga Lores, "a saber cuánto paga a la radio, La Opinión parece que compró", cantaron.

Jana de Leria falou tamén da falta de prazas para aparcar e prometeu cantarlle a Lores, se chega á final este xoves: "Atopar aparcadoiro é máis complicadiño que buscar fotos no Facebook e que Antón Prieto saia vestido".

Vox tivo tamén especial protagonismo na noite deste mércores. Deste xeito, a murga PTV denunciaba: "El aborto también prohibirán aunque sus hijos, para disimular, irán a Londres con la excusa de estudiar". Pola súa banda, as mozas de Moncha a Caralla recomendaban: "Bota un bo protector que a luz queima cando te pos cara al sol. En abril, fachas mil, pensa ben en que país queres vivir". E houbo tamén para Feijóo, xa en clave autonómica: "Feijóo, otro pardillo, se fue a Madrid de manifestación y pagó autobuses y bocadillos, mientras recorta en sanidad y educación", entoaban os da Murga PTV.

Os Arrombados, que inauguraron a xornada deste mércores, falaron dalgunhas das noticias de actualidade do concello do Grove, do que proveñen. "Non sabedes que é a fariña, non? No Grove tiñamos un alcalde que tampouco sabía", comentaron.

A nota inclusiva da noite puxérona os integrantes da Asociación Méndez Núñez, que crearon unha murga chamada Sin Barreras. Na súa actuación demostraron que poden ser modernos, viaxar ou ter moza, como calquera outra persoa. "Yo solo quiero un tatuaje, echarme novio, hacer un viaje, ¡que me dejen en paz! ¡Yo soy como los demás!", cantaron.

Outras das reivindicacións que compartiron practicamente todas as murgas foi a dun mundo máis xusto e igualitario para as mulleres. "Para mí los cerdos peores son los que se aprovechan de mujeres y menores. Algunos llevan sotana, otros van en manada, en la cárcel los encerraba y allí mismo los capaba", remataban os integrantes da murga PTV entre vítores a aplausos do público.

Axenda
A gran final celébrase este xoves


Despois das dúas primeiras eliminatorias, a gran final do XXVIII Concurso de Murgas celebrarase este xoves ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. Como é previsible, o patio de butacas estará cheo e haberá público que quede fóra por falta de aforo.

Alí competirán Os do Val do Lérez, Equipo Ja, Os Arrombados, Murga PTV e Jana de Leria. A agrupación finalista con máis puntuación foi Os do Val do Lérez con 78 puntos, seguida de Jana de Leria, con 68. Os vencedores coñeceranse o xoves tras a gala que comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.

 

Casimirín en Monte Porreiro e rosca en Campañó



As celebracións do Entroido esténdense tamén aos arredores de Pontevedra. Deste xeito, as rúas de Monte Porreiro acolleron onte a presentación do porco Casimirín no Centro Cultural e, na parroquia de Campañó, celebrouse a tradicional corrida da rosca, típica destas datas. 

*FOTOS: RAFA FARIÑA

A política local e a exhumación de Franco, protagonistas da segunda...
Comentarios