miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

'Ponte ao choio!' asesora a persoas na busca de emprego para que "se vendan" mellor

Presentación da iniciativa, este xoves. DP
Presentación da iniciativa, este xoves. DP
Un grupo de profesionais axudarán a optimizar a imaxe dos aspirantes a través desta iniciativa, desenvolvida pola Concellería de Promoción Económica

Lograr que as persoas que procuran emprego adquiran un papel activo no seu proceso de busca e proporcionarlles o asesoramento para mellorar a súa imaxe persoal e as posibilidades de inserción laboral son os principais obxectivos do proxecto Ponte ao Choio! Desenvolvendo o teu futuro, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración cun equipo de profesionais de diferentes ámbitos que lles axudarán a optimizar a súa imaxe e venderse mellor nas entrevistas de traballo.

Cartel Ponte ao choioTal e como informou a edil Yoya Blanco, as accións que se levarán a cabo neste programa de asesoramento integral permitirán dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para crear un currículo único e orixinal, axustado á súa profesión ou obxectivo profesional e ofrecerlles material gráfico de calidade que poidan utilizar en función das súas necesidades.

DREAM TEAM. Esta iniciativa de mellora da empregabilidade desenvolverase na Casa da Luz en dúas xornadas consecutivas, o venres 17 e o sábado 18 de decembro, e tal e como subliñou a concelleira de Promoción Económica "contará cun auténtico dream team de profesionais: Noela Quintana, consultora en RRHH e formadora; Beatriz Císcar, fotógrafa profesional, e Damián Pazos, da firma Pixelecer Audiovisual e experto na confección de videocurrículos".

"Dentro do Circuíto Curricular que organizamos –engadiu Yoya Blanco– poderemos atopar precisamente tres áreas de intervención diferenciadas: obradoiros de mellora da empregabilidade, fotografía profesional e videocurrículo". A concelleira subliñou que "estes tres prismas permitirán ás persoas asesoradas customizar cada detalle da súa procura de emprego, en concordancia coa súa personalidade e aspiracións laborais".

'Ponte ao choio!' asesora a persoas na busca de emprego para que...
Comentarios