A ponte do Burgo adianta o seu acendido 

Desde esta fin de semana, a iluminación comezará ás 20 horas e manterá este horario ata o mes de marzo
Ponte do Burgo iluminada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Ponte do Burgo iluminada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Tras o cambio de hora no prendido do alumeado público, que se adianta pola habitual redución de horas de luz no inverno, tamén se adapta o horario da iluminación ornamental da ponte do Burgo. Segundo informa o Concello de Pontevedra nun comunicado, o espectáculo de luces de cores que ilumina cada noite o perfil da ponte medieval, pasa a realizarse ás 20 horas desde esta fin de semana e manterá este horario ata o mes de marzo.

Este "breve espectáculo de iluminación ornamental", que dura apenas uns minutos, viña realizándose cada noite ás 23 horas desde a inauguración do remate das obras da posta en valor da ponte do Burgo o pasado 4 de agosto.

Comentarios