A Ponte do Burgo pecha ao tráfico

O alcalde valorou as melloras que se levaran coas obras, que deron comezo na mañá deste xoves

Demetrio Gómez y Miguel Anxo Fernández Lores, na Ponte do Burgo. DAVID FREIRE
photo_camera Demetrio Gómez y Miguel Anxo Fernández Lores, na Ponte do Burgo. DAVID FREIRE

A ponte do Burgo permanece pechada ao tráfico desde a mañá deste xoves para iniciar os traballos de recuperación e peonalización como principal elemento patrimonial do Camiño de Santiago en Pontevedra.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou na mañá deste xoves este peche e os primeiros traballos desta obra que está financiada, en parte, polos fondos Feder.

O alcalde lembrou que a reforma da ponte do Burgo completa outras intervencións xa feitas ou en marcha para mellorar o Camiño de Santiago na Boa Vila como a da Virxe do Camiño ou o a do Gorgullón. Explicou que se trata dunha intervención moi importante desde o punto de vista económico (case 2,5 millóns de euros) e tamén pola recuperación do patrimonio e da historia da cidade.

O alcalde lembrou que o Camiño de Santiago trouxo no último ano a 80.000 peregrinos e "ten unha trascendencia moi importante na cidade". Tamén sinalou que o Concello quere deixar "planchado" o Camiño para que os visitantes se leven “unha imaxe moderna, accesible e para as persoas”.

A obra civil foi adxudicada á UTE Imesapi - E.C.Casas por valor de 1.326.977 euros; e a Setga a iluminación por valor de 730.840 euros; en total, 2,057.817 euros. A licitación global era de 2.561.390,91 euros: a obra civil por valor de 1.700.598,75 euros e a iluminación por valor de 860.792,16 euros.

Ao respecto da obra civil, a UTE, que fixo unha baixa superior ao 20% do proxecto, inclúe melloras como a mellora da superficie de entronque coa rúa Santiña (valorada en 53.470 euros); o incremento da zona vexetal no ámbito da estación de servizo (valorado en 53.000 euros) e a limpeza da cabeceira sur da ponte. O prazo de execución da obra civil é de 12 meses.

Comentarios