lunes. 30.11.2020 |
El tiempo
lunes. 30.11.2020
El tiempo

'Ponte a Punto' regresa en formato virtual con Teresa Viejo e Anne Igartiburu

A novena edición do congreso de desenvolvemento persoal impulsado pola Concellería de Promoción Económica desenvolverase entre o 14 e o 21 de novembro

A novena edición de Ponte a Punto, o congreso de desenvolvemento persoal impulsado pola Concellería de Promoción Económica de Pontevedra a través da plataforma #PonteLovers, celebrarase en formato virtual entre os días 14 e 21 de novembro.

Os webinar, que se emitirán en directo vía streaming, serán impartidos por un elenco de relatores entre os que figuran Teresa Viejo, José María Toro, Montse Hidalgo, José Antonio Fernández Bravo, Majo Cascales, Laurent Rousseau, Anne Igartiburu, Enrique Monís, Miriam Fernández e Emilio Calvo.

As conferencias tocarán temas como a resiliencia, a educación en valores, a xestión das emocións en situacións adversas da vida, o benestar mental e a mellora das relacións cun mesmo e cos demais, ademais de cuestións vencelladas á motivación e á superación persoal.

Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, esta edición de Ponte a Punto transformouse a raíz do coronavirus para converterse temporalmente nun proxecto formativo "100% virtual mediante webinars" e desenvolverase os sábados, de 10.00 a 13.00 horas, e o resto da semana, de 21.00 a 22.00.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico [email protected], o teléfono 986 86 39 49 ou o whatsapp 619 21 72 18, así como na web www.ponteapunto.es.

Ponte a punto

'Ponte a Punto' regresa en formato virtual con Teresa Viejo e Anne...
Comentarios