Ponteatro consolídase cun público que acabou por superar os 2.000 asistentes

A volta á normalidade absoluta, sen restrición de aforos nin obrigatoriedade de uso de máscaras, foi todo un éxito de acollida
Exterior del Teatro Principal. JAVIER CERVERA
photo_camera Exterior del Teatro Principal. JAVIER CERVERA

O pasado xoves, 10 de novembro, dez rematou outra edición de Ponteatro, o ciclo teatral organizado polo Concello de Pontevedra. A volta á normalidade absoluta, sen restrición de aforos nin obrigatoriedade de uso de máscaras, foi todo un éxito de acollida: o público superou as 2.000 persoas e esgotou os 50 abonos dispoñibles en pouco tempo.

O espectáculo As que limpan foi o encargado de abrir esta edición esgotando as entradas e tras el pasaron polo escenario do Principal O Péndulo de Inversa Teatro, Golfa de Crémilo, que contou tamén con pase para alumnado de secundaria, O porco de Pé de Producións Tetrais Excéntricas, Cigarreiras de Contraproducións e Smoke on the water de Ibuprofeno.

A organización avanza que o ciclo teatral regresará en febreiro con Miss Docet e que, vista a rapidez coa que se esgotaron os abonos, porá á venda 70 localidades neste formato.

Para os amantes do teatro, nas próximas semanas poderán gozar con As alumnas o xoves un de decembro dentro do ciclo Guerrilla.