sábado. 29.02.2020 |
El tiempo
sábado. 29.02.2020
El tiempo

Ponteatro trae á Boa Vila sete obras do "mellor teatro galego feito en galego"

Ponteatro. DP
Ponteatro. DP
Estímase que a cada función acudirán preto de 400 espectadores

O mellor teatro galego feito en galego chega á Boa Vila da man de Ponteatro este outono. Así o anunciou onte a concelleira de Cultura, Carme Fouces, que subliñou que "é un dos programas que máis espectadores de media mete por espectáculo, sobre 400 persoas".

A concelleira apuntou tamén ao compromiso do Concello co teatro e de "traer o mellor das compañías como Voadora, Contraproducións, Excéntricas, Voadora, etc", e tamén a nivel dirección con Cándido Pazó, Marta Pazos, Quico Cadaval, Tamara Canosa... "Traemos teatro moi variado: Clásico como 'Commedia', contemporáneo como 'Liberto' ou danza galego-cubana con 'Pink Unicorns'", dixo.

O ciclo, a fin de achegar o teatro ao público máis novo, inclúe dous pases concertados con alumnado de Secundaria e Bacharelato o mesmo xoves da representación para público en xeral pero ás 11.30 da mañá. Serán 'Pink Unicorns', de La Macana, e 'Bernarda', de Malasombra Producións. Os Venres Golfos adiantarán a hora de inicio ás 23 horas, mantendo a iniciativa dos descontos nas consumicións para os asistentes a esta modalidade en locais de hostalería do Casco Vello.

Así, a primeira das citas co teatro terá lugar o 10 de outubro coa obra 'Out-medida x medida de Shakespeare', de Producións Teatrais Excéntricas con Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo y Víctor Mosqueira e dirixida e adaptada por Quico Cadaval.

Ponteatro trae á Boa Vila sete obras do "mellor teatro galego feito...
Comentarios