lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

#PonteLovers e Aje impulsan un ciclo de charlas sobre márketing

As conferencias serán impartidas a través de Zoom polo consultor de márketing, estratexia e comunicación Javier Varela

A concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, a través da plataforma #PonteLovers, e a Asociación de Jóvenes Empresarios (Aje) da Boa Vila desenvolverán durante o mes de decembro un ciclo de charlas sobre márketing especialmente destinado a emprendedores, pequenos empresarios e profesionais.

As conferencias serán impartidas de xeito virtual, a través de Zoom, polo consultor de márketing, estratexia e comunicación Javier Varela e terán lugar os días 3, 10, 17 e 22 de decembro en horario de 16.30 a 17.30 horas (uns 45 minutos de charla e 15 minutos para a quenda de preguntas e o debate posteriores).

Ciclo de Charlas de Márketing

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, asegura que o obxectivo principal deste ciclo "é o de formar aos asistentes nos cambios que se están a producir no mercado e sobre como as pequenas empresas poden aproveitar e optimizar os seus recursos para ser competitivas e sobrevivir neste contexto".

"Trátase de pequenos cursiños cun carácter eminentemente dinámico e participativo, nos que, á hora de explicar cada un dos conceptos que se presenten, incluiranse exemplos de casos de éxito no emprego de Internet e das redes sociais a nivel profesional", subliñou Blanco.

As charlas-cursos organizados versarán sobre Tips de Márketing para emprendedores, RRSS para emprendedores, Tips de Iniciación ao Comercio Electrónico e Márketing e Sostibilidade: Una Estratexia de Futuro e Presente.

O poñente-titor das mesmas, Javier Varela, é consultor en Toctocmedia, axencia especializada en márketing, márketing online, estratexia e comunicación.

#PonteLovers e Aje impulsan un ciclo de charlas sobre márketing
Comentarios
ç