O showroom Vodas e Comuñóns achega todas as novidades do sector esta fin de semana

#PonteLovers e La Boda de Nerea impulsan este pasarela presentada por Eva Iglesias ► Poderá seguirse en streaming sábado e domingo de 16 a 22 horas

A Finca Batacos, na parroquia pontevedresa de Salcedo, acolle esta fin de semana o showroom de vodas e comuñóns impulsado polo Concello de Pontevedra e a firma especializada en eventos e grandes celebracións: La Boda de Nerea. A pasarela, que chega en colaboración coa plataforma #PonteLovers, será retransmitida en streaming e poderá seguirse a través da web de Diario de Pontevedra, sábado e domingo, de 16.00 a 20.00 horas. 

Tras o éxito acadado o pasado mes de decembro coa emisión online de PonteModa Nadal, a concellería de Promoción Económica e Turismo volve impulsar esta nova pasarela. A presentadora, actriz e cantante Eva Iglesias, colaboradora do programa de televisión Land Rober-Tunai Show, conducirá a cita e desenvolverá entrevistas a cada un dos responsables dos comercios locais participantes.

Showroom Vodas e Comuñóns

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, explica que “ademais dunha pequena exposición dos artigos e servizos dos establecementos implicados na iniciativa, o showroom ofrecerá desfiles de comuñón, noiva, lencería, tocados ou ramos de noiva nos que os comercios poderán poñer en acción o seu traballo".

"Para darlle aínda máis glamour a esta pasarela de moda online, teremos a sorte de contar na Finca Batacos coa presenza do chef Iñaki Bretal, cociñeiro do Eirado da Leña, primeiro Estrella Michelin de Pontevedra, que tamén protagonizará unha entrevista especial acompañado por unha servidora", avanza a socialista.

Outra das novidades do evento será unha sección denominada Cámbiame, que permitirá seleccionar a un par de mulleres de a pé para sometelas a un cambio de imaxe, tanto por dentro como por fóra.

Blanco sinal que nesta parte da programación tamén se lle dará" un importante protagonismo ás tendas locais, posto que serán elas as que colaboren cos seus produtos, dándolle deste xeito unha publicidade engadida ao comercio de Pontevedra".