#PonteLovers lanza a tenda online E-Ponte.com para reactivar o comercio local

Todos os produtos e servizos comerciais da cidade á golpe de click 

E-Ponte.com
photo_camera E-Ponte.com

A plataforma Reinicia Pontevedra #PonteLovers vén de dar un novo paso adiante no seu obxectivo de reactivar e estimular o crecemento do comercio de proximidade co lanzamento da súa tenda online E-Ponte.com.

A nova canle comercial electrónica posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e
Turismo facilitará as compras en liña para os usuarios, ofrecendo un espazo web no que tódolos produtos e servizos da cidade poidan atoparse á golpe de click.

Segundo explica o Concello nun comunicado, a e-tenda permitirá xestionar vendas de forma virtual, realizar pagos por medios bancarios ou en efectivo con entrega e reservar e axendar servizos, "axudando a preservar en todo momento a saúde e a frear a propagación da Covid-19". Baixo o lema 'Quen ten tenda ten e-tenda', a nova plataforma dixital supón "unha aposta de #PonteLovers polo progreso do comercio local, ao estimular a súa incorporación a unha canle totalmente gratuíta de compra-venda de bens e servizos que se complementará coa tradicional".

Tal e como explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "E-Ponte.com permite centralizar a oferta dos comercios do concello nunha soa pantalla e brindarlles aos empresarios a posibilidade de dixitalizar as operacións e a xestión dos seus negocios, ao tempo que poden promocionar os seus produtos de xeito masivo para os habitantes do municipio". "A iniciativa -apunta a edil socialista- busca facilitar e axilizar as transaccións entre consumidores e comerciantes e enmárcase na nosa estratexia de estimular a economía de Pontevedra ao tempo que preservamos a protección dos cidadáns contra o coronavirus. A aposta de #PonteLovers pasa por fomentar a recuperación económica garantindo a saúde dos pontevedreses".

PONTEVEDRA COMPRA PONTEVEDRA. Yoya Blanco subliña que a filosofía da e-tenda do Concello é "fomentar e poñer en valor o noso, unha Pontevedra que compra Pontevedra".

Co apoio da organización upmalls.com, adicada á creación de solucións de cidades intelixentes enfocadas á centralización de mercados e ao estimulo da economía local, xerouse "unha plataforma dixital adaptada aos requirimentos da nosa cidade, na que os cidadáns poderán atopar toda a oferta de bens e servizos, comprar os produtos cun só click e recibilos na comodidade das súas casas. "A páxina -sinala Blanco- facilita a integración de servizos de entrega a domicilio, polo que permite xerar sinerxías con empresas locais adicadas a tal fin".

A plataforma xa está aberta para que os comercios se vaian rexistrando –na sección Rexistro de Comercios–. As posibles dúbidas que poidan xurdir en torno á tenda electrónica de #PonteLovers poderán plantexarse a través da dirección de correo electrónico ‘direcció[email protected]'.

Comentarios