viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Pontevedra lanza a plataforma #PonteLovers para "reiniciar" a vida económica e social

O Concello pon en marcha a iniciativa para impulsar a recuperación das actividades comerciais de proximidade, que bota a andar con vídeos dos profesionais

Fomentar o consumo nos comercios e na hostelería de Pontevedra, axudar a compensar as consecuencias do confinamento neses sectores e "reiniciar a vida social e económica" da cidade. Eses son os principais obxectivos cos que nace a plataforma #PonteLovers, posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración cos hosteleiros, comerciantes e empresarios.

A iniciativa traducirase nunha "potente" campaña publicitaria que se fará visible a través de redes sociais, medios de comunicación, puntos de venda e soportes exteriores, e que se desenvolverá en tres fases. A inicial funcionará ata o remate do confinamento; a segunda, a máis intensa, centrarase nas primeiras semanas da apertura, e a última está pensada para ser "de estabilización". Todo está xa en marcha en Facebook, en Instagram e en Twitter.

A primeira acción deste plan municipal, deseñado en colaboración coa firma Carta Blanca, pasa pola difusión dunha batería de vídeos domésticos protagonizados --ademais de pola propia concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco--, por profesionais "con sona e recoñecemento" na economía de Pontevedra. Son sobre todo empresarios e empregados da hostelería e o comercio.

"Baixo o lema Reicina Pontevedra, este proxecto busca que tódolos pontevedreses nos poñamos en pé, unamos forzas", di a concelleira

Entre eles están Ramón Pedras Petete, de La Cata; Andrés Acuña, de Panaderías Acuña; Roberto Juncal, de Juncal Alimentación; Francesco Iannelli, de Il Piccolo; David Barber, de CrazyBarber; Raúl Facciola, da Crêperie Cre-Cottê; Gonzalo Rodríguez, de El Club del Café; David Sobral, de Queixo e Aparte, e Lourdes Rodríguez, de El Dulce de Leche.

Na lista de profesionais que protagonizan o lanzamento da campaña tamén figuran a exparlamentaria e arquitecta María Pierres; a exconcelleira e empresaria María Rey, de Asesoría Blanco & Rey; Alberto Falcón, de Be Differential; Naír Fernández, de Ferco
2000 Correduría de Seguros e Gestoría Fernández; Gema Figueroa, de Prana Wellness Center; Begoña Oliveira, de Selecta Inmobiliaria, e Mariluz Maquieira, de Funziona Inmobiliaria.

A eles iranse sumando nas vindeiras semanas outros rostros coñecidos do mundo deportivo, o pequeno comercio e o tecido empresarial pontevedrés. E, en xeral, "todo aquel que queira aportar o seu gran de area".

"Baixo o lema Reicina Pontevedra, este proxecto busca que tódolos pontevedreses nos poñamos en pé, unamos forzas e emprendamos un camiño que tamén permitirá salvar vidas, neste caso as deses negocios de proximidade, pequenos comercios, tendas,
bares e restaurantes que fan latexar á nosa cidade", di Yoya Blanco.

Un vídeo, bandeirolas e unha gran pancarta
Para o desenvolvemento da segunda fase desta campaña, a Concellería de Promoción Económica e Turismo xa traballa na elaboración dun vídeo profesional, que está a editar o realizador Fernando Portela.

Nesa etapa, que virá tralo confinamento realizarase publicidade exterior, co deseño de bandeirolas para colocar en elementos do mobiliario urbano e dunha gran pancarta que se instalará na fachada dalgún edificio municipal. Ademais, haberá cartelería e soportes para os establecementos.

O Concello avanza que nesta segunda fase se elaborarán un ou varios spots.

Pontevedra lanza a plataforma #PonteLovers para "reiniciar" a vida...
Comentarios