#PonteLovers sortea os vales da campaña de San Valentín 'In Love co Comercio Local'

Yoya Blanco e Marga Caeiro foron as encargadas de proceder á adxudicación dos talóns 
Marga Caeiro e Yoya Blanco sorteando os vales da campaña 'In Love co Comercio local'. DP
photo_camera Marga Caeiro e Yoya Blanco sorteando os vales da campaña 'In Love co Comercio local'. DP

A plataforma #PonteLovers vén de sortear os 30 vales de compra por valor de 100 euros correspondentes á campaña In Love co Comercio Local. Así, as encargadas de proceder á adxudicación dos talóns foron Yoya Blanco, a edil de Promoción Económica, e Marga Caeiro, responsable de Pontevedra Digital, quenes na mañá deste luns desvelaron aos gañadores tras a escolla ao azar entre as máis de 32.000 papeletas recollidas. A este respecto, os afortunados poderán canxear os seus premios en calquera dos 401 establecementos adheridos, tendo como data límite ata o día 31 deste mes. 

Asemade, a socialista recordou que a iniciativa estaba encamiñada a “aproveitar San Valentín para facerlle un detalliño á nosa parella e, de paso, amosar tamén o noso cariño polos comercios de proximidade neste momento tan complicado que están a atravesar”. Para eles, a Concellaría repartiu 800 corazón troquelados de 25 centímetros e 400 cupidos de 55x41, de face á adaptación dos seus escaparates á temática amorosa. 

Comentarios