Pontevedra acolle unha bienal que aposta por incluír á rapazada no deseño dos espazos públicos

Ludantia, organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia, celebrarase entre os días 10 e 12 de maio no Pazo da Cultura

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a presentación de Ludantia. JAVIER CERVERA
photo_camera A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a presentación de Ludantia. JAVIER CERVERA

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá entre os días 10 e 12 de maio a primeira edición de Ludantia, a Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que organiza o Colexio de Arquitectos de Galicia.

Nunha rolda de prensa celebrada en Pontevedra, o director da bienal, Xosé Manuel Rosales, explicou que nesta cita participarán expertos de dezanove países de Europa, Asia e América que apostan por incluír aos nenos nos procesos de construción de espazos públicos nas cidades.

Rosales destacou que a construción do espazo común "é unha tarefa de toda a comunidade" e, neste ámbito, a tarefa educativa é "esencial", ao entender que a opinión de nenos "ten que ser tida en conta", coa "firme crenza" de que así se lograrán contornas urbanas máis apropiados.

Rosales destacou que a construción do espazo común é unha tarefa de toda a comunidade

Nesta bienal será unha plataforma para compartir, debater, experimentar e difundir proxectos educativos e de investigación que traballan co espazo doméstico, social, urbano ou rural no que a infancia e a mocidade son os protagonistas.

O tema elixido para esta primeira edición é Habilitar o espazo común desde o lúdico: do patio escolar á cidade como taboleiro de xogo.

Por iso é polo que, sinalan os seus impulsores, pensaron "desde o primeiro momento " en Pontevedra como sede deste evento, ao entender que é un "referente" neste tipo de transformacións urbanas.

Ademais das conferencias, a bienal incluirá catro exposicións que se poderán visitar no propio Pazo da Cultura ata o próximo 10 de xuño.

A principal será unha selección dos 89 proxectos presentados por centros educativos sobre espazos públicos, nos que terán un protagonismo especial as 18 iniciativas de colexios galegos, os máis activos neste programa. Haberá, ademais, espazo para un país convidado que nesta ocasión será Colombia, que presentarán unha trintena de proxectos que puxeron en marcha escolares para transformar as súas propias escolas; e unha mostra activa que se converterá nun gran espazo de xogo a partir da arquitectura, fomentando a autonomía dos nenos.

A bienal conta co apoio do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. 

Comentarios