Pontevedra acolle este sábado o Ponle Freno, que cortará o tráfico pola noite no centro

A inscripción para a proba aínda está aberta e recadación destinarase á concienciación sobre a prudencia ao volante

Edición de la carrera Ponle Freno de 2018 en Pontevedra. AEP
photo_camera Edición de la carrera Ponle Freno de 2018 en Pontevedra. AEP

As rúas de Pontevedra volverán a ser o escenario da carreira Ponle Freno, que este ano
chega a súa terceira edición.

O evento oferta dous circuítos diferentes: un de 10 quilómetros e outro de 5. Ademais están programadas carreiras infantís. As probas comezarán ás 21.30 horas.

As inscricións aínda están abertas ata o sábado nas instalacións do IES Valle-Inclán. Alí será onde se recollerán os dorsais para participar nas diferentes probas.

A inscripción para a proba de adultos ten un custo de 5 euros e ademáis hai unha fila 0 para recoller as doazóns que  se queiran realizar. A recadación vai destinada para a asociación Amizade da cidade, para pór en marcha programas de concienciación nos centros de ensino sobre as consecuencias dos comportamentos imprudentes nos vehículos.

Este circuíto de carreiras está formado por 6 eventos en distintas datas e lugares de España.

O percorrido seguira a seguinte ruta: Praza de España, Riestra, Xardíns de Vicenti, Alameda, Rúa
Nova de Abaixo, Paseo de Colón (un carril ), Rúa Nova de Arriba, Alameda, Praza de España, Ferreiros, Pardo Bazán, Arcebispo Malvar, Praza do Peirao, Ponte, Serra, Cesar Boente, Sarmiento, Pasantería, Paseo Odriozola, Praza da Peregrina, Benito Corbal, Sagasta, Castelao, Daniel de la Sota, Peregrina, Sagasta, Virxe do Camiño, Xosé Casal, Virxe do Camiño, Mariscal Pardo de Cela, Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruais, Peregrina, Praza da Peregrina, Michelena e Praza de España.

Non se poderá acceder con vehículo á zona afectada pola proba deportiva. Os vehículos estacionados no percorrido así como en garaxes , non poderán incorporarse á circulación.

Habilitaranse 3 puntos para saír (non entrar):
1.- Mestre Mateo cara Prudencio Landín
2.- Fernández Villaverde cara Gutiérrez Mellado
3.- Daniel de la Sota cara Cobián Roffignac.

Comentarios