Pontevedra acolle este luns o Rizando o Rizo Business Meeting

Salóns de perruquería e estética protagonizan unha mostra dos seus servizos nun programa que incluirá desfiles exclusivos, moda, entrevistas e unha actuación acrobática
Un momento de la presentación del programa Rizando o Rizo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Presentacion do programa Rizando o Rizo 2021. DP

Pontevedra acolle na tarde deste luns o Rizando o Rizo Business Meeting, organizado pola Asociación Provincial de Perruqueir@s en colaboración coa empresa Pontevedra Digital e a plataforma #PonteLovers e impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo e a Deputación. Esta mostra de traballos, experiencias e tendencias de perruquería e estética, realizada en colaboración cunha decena de firmas do sector e outras sete tendas de moda e flores, ten lugar na Praza da Peregrina cunha espectacular exhibición de tres horas, entre as 17.00 e as 20.00 horas, conducida pola actriz e xornalista da TVG Fátima Mella co apoio da presidenta do colectivo, Beatriz Pintos. No acto tamén participa a propia edil de Promoción Económica, Yoya Blanco.

O evento desenvolverase cunha novidosa fórmula baseada no formato business meeting, no que salóns de perruquería e estética protagonizarán unha mostra dos seus servizos nun programa que incluirá desfiles exclusivos, moda, entrevistas e unha actuación acrobática. Nun escenario con decoración e mobiliario de empresas locais (Senso Emociones y Muebles e Floristería Peregrina son as encargadas do atrezzo), están previstas as seguintes presentacións, exhibicións, charlas e actuacións:

- Presentación, coa concelleira Yoya Blanco

- Mostra dos traballos de New Style Estilistas

- Charla con Betty Peluquerías sobre o traballo en familia e o relevo xeracional

- Mostra dos traballos das alumnas da Academia Rizo Belle

- Mostra dos traballos de Aramar Tocados

- Actuación acrobática de Rebeca Santos, directora da escola Gotic Circus School de Pontevedra

- Charla con Mónica Pintos sobre Bio Make Up Maker. Explicará en que consisten os seus tratamentos vip de beleza saudable, con produtos da nosa terra (atopables no contorno do municipio).

- Mostra dos traballos de JCBarbershop, con roupa de Your Way Store

-Charla con Óscar Mendoza, CEO e fundador de Hospital Capilar, que logrou que España sexa recoñecida como referente en enxertos capilares e que conta con centros en Pontevedra, Madrid e Murcia (con vindeiras aperturas en Alemania, Francia e Italia)

- Mostra dos traballos de Ana Barros, con roupa de Almagemela

- Mostra dos traballos de Dona Bela, con roupa de Nalatcha.

Comentarios