miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Pontevedra acollerá a Semana Galega da Filosofía a finais de abril

Presentación da Semana Galega da Filosofía. GONZALO GARCÍA
Presentación da Semana Galega da Filosofía. GONZALO GARCÍA

Saskia Sassen, Boaventura de Sousa, John Holloway y Jose Solana Dueso serán algúns dos invitados á cita

A aula Castelao presentou este venres en rolda de prensa a programación completa da XXXVI edición da Semana Galega de Filosofía, que debaterá sobre As fronteiras no Teatro Principal de Pontevedra do 22 a 26 de abril. Acudirán, entre outros, Saskia Sassen, Boaventura de Sousa, John Holloway e Jose Solaina Dueso.

O programa seguirá a estrutura habitual de mañá, tarde e noite. Así, nos relatorios matinais destaca a conferencia de apertura da man de Saskia Sassen, unha das sociólogas máis importantes do mundo, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 2013 e considerada unha das 100 mulleres máis influentes no ámbito científico, destacaron os organizadores.

Completan os relatorios de mañá, Emanuela Fornari (Universidade de Roma); Boaventura de Sousa (Universidade de Coimbra), que defende a necesidade dos movementos cívicos e sociais fortes; Joan Nogué i Font desde Cataluña que sinala o auxe inesperado das fronteiras xeopolíticas; ou Jose Solaina Dueso.

As conferencias da tarde estarán máis centradas en Galicia. Francisco Rodríguez Sánchez, especialista en clásicos da literatura galega falará da fronteira galaico-portuguesa ao longo da historia da que tamén falará Paula Godinho. O senegalés Cheikh Faye, mestre e escritor afincado en Galicia achegará a súa experiencia persoal da realidade migratoria a nivel mundial.

Mentres, Núñez Seixas reflexionará sobre o que significou para Galicia ser unha nación de migrantes, hai anos e na actualidade. Xosé Luis Barreiro, catedrático emérito da filosofía na Universidade de Santiago reflexionará sobre filosofía, identidades e fronteiras.

Abrirá as charlas da noite Ángeles Diez falando da fronteira desde a óptica do auxe do discurso xenofóbico en Europa. Pola súa banda Holloway centrará o seu discurso nas fronteiras identitarias. Joseba Achotegui analizará a inmigración desde a perspectiva psiquiátrica. Ángeles Ramírez, experta en antropoloxía social, presenta un traballo centrado na problemática da muller dentro da migración. A conferencia de clausura, a cargo de Buchraya hamudí bayun é unha homenaxe ao pobo saharauí.

O prazo de inscrición para as xornadas xa está aberto na propia web da aula Castelao e pechará o domingo 21 de abril ás 12.00 horas.

Pontevedra acollerá a Semana Galega da Filosofía a finais de abril
Comentarios