Pontevedra acollerá a novena e a décima probas da Liga Autonómica de Agility

No evento, que terá lugar os días 5 e 6 de xuño, participará un centenar de cans
RAFA Agility
Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, España
photo_camera Un can nunha proba de agility. RAFA FARIÑA

A Área Recreativa de Couso acollerá a novena e a décima probas da Liga Autonómica de Agility, clasificatorias para o Campionato de España, os días 5 e 6 de xuño. A xornada do sábado desenvolverase en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, mentras que a do domingo terá ñugar entre as 10.00 e as 14.00 horas. 

Na competición, impulsada polo Club Deportivo Mats e Diverti Cans co patrocinio da Concellería de Deportes e a Deputación, participará un centenar cans e terá como xuíces a Félix Fernández e Mara Ríos. 

cartel prueba junio

Comentarios