jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Pontevedra é unha auténtica parodia nas últimas festividades do Entroido

Momentos da celebración da Mostra da Parodia, na que estes anos participaron dez agrupacións, polo centro da cidade. DAVID FREIRE
Momentos da celebración da Mostra da Parodia, na que estes anos participaron dez agrupacións, polo centro da cidade. DAVID FREIRE
Dez agrupacións participan na XXVI Mostra da Parodia do Entroido, que ocupou prazas e rúas do centro da cidade ata a madrugada

Dunha máquina da verdade moi atolondrada ata un sorteo da lotería do máis accidentado, pasando pola actuación dun particular Combo ou a recreación da Gladiator Race, para todo houbo sitio este venres á noite en Pontevedra. Nin o frío nin o risco de chuvia puido coas ganas de troula das dez agrupacións que participaron na XXVI Mostra da Parodia, a actividade que leva a distintos colectivos a parodiar cuestións de actualidade (ou non tanto) en interacción directa co público.

Os do Val do Lérez estiveron na Praza de España; Vamos a Todo, nos Soportais da Ferrería; Amoriños de Bora, na Praza da Peregrina; Os das Pistas, diante de Casa Alcalde, e a Asociación Recriativa de Xeve, no cruce entre as rúas Michelena e Gutiérrez Mellado. O programa completouse coa proposta de O Desenterro en Curros Enríquez; Equipo Ja na Praza de Ourense; Paquita la del Barrio y sus mariachis na Alfándega; PTV en Manuel Quiroga, e Las Flores del Carnaval na Praza da Ferraría. Estaba previsto que os premios ás mellores caracterizacións se entregaran arredor das 01.00 horas.

O Concello reparte 5.400 euros entre os premiados nesta Mostra: 1.300 van para o primeiro clasificado; 1.000 para os dous segundos, e 700 para os tres terceiros.

A programación municipal do Entroido péchase este sábado coa queima do Ravachol. O Concello mantiña este venres a previsión de celebrar todos os eventos á espera de ver como evolucionaba a previsión meteorolóxica. Ademais dos tradicionais velorio (a partir das 18.00 horas na Praza da Verdura) e incineración (pasadas as 21.30 horas na Praza da Ferraría), este sábado está previsto se celebre a que sería a primeira actuación a pé de rúa de diferentes murgas (13.00 horas).

Pontevedra é unha auténtica parodia nas últimas festividades do...
Comentarios