Pontevedra dará esta tarde a benvida ao Nadal na Praza de España

Co acendido da iluminación poñeranse en marcha a pista de xeo e o tobogán aos que se poderá acceder cun ticket do comercio local
Instalacion da iluminacion. DP
photo_camera Instalacion da iluminacion. DP

Pontevedra mergullarase este martes pola tarde, ás 19.00 horas, no Nadal ao acender a iluminación na praza de España, nun acto no que participará o Coro da Xunqueira.

Son moitas as novidades da programación deste ano: un mercado de Nadal único na praza da Ferreraría, a concentración de xogos na praza do Concello, o mercado creativo no primeiro andar do Mercado de Abastos e ducias de actividades en centros sociais do rural, da cidade, no Recinto Feiral, no Pazo da Cultura e no Teatro Principal.

Entre as novidades deste ano figuran unha bola de luz na praza da Ponte do Burgo, árbores de luz en Eduardo Pondal e Concepción Arenal e outros motivos decorativos en Campolongo e A Parda.

Como xa é tradicional, co acendido da iluminación poñeranse en marcha a pista de xeo e o tobogán aos que se poderá acceder cun ticket do comercio local.

Comentarios