martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Pontevedra e Cataluña comparten coñecementos sobre xestión de residuos

Mosquera_ acompanado do asesor de residuos Carlos Perez e da tecnica Maria Martinez Abraldes_ recibe a delegacion da Agencia de Residus de Catalunya _ARC_ para falar do plan de compostaxe Revitaliza
Mosquera_ acompanado do asesor de residuos Carlos Perez e da tecnica Maria Martinez Abraldes_ recibe a delegacion da Agencia de Residus de Catalunya _ARC_ para falar do plan de compostaxe Revitaliza
A Agència de Residus de Calatunya quere aprender do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación

Unha delegación da Agència de Residus de Catalunya iniciou este xoves a súa visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o modelo de compostaxe local de 'quilómetro zero' do Plan Revitaliza da Deputación.

Trátase dun encontro que durará dous días no que se pretende intercambiar coñecemento e, ademais de amosar o modelo pontevedrés, aprender das iniciativas que se están a aplicar en Cataluña, un dos territorios do Estado máis solventes en materia de residuos.

Este xoves tivo lugar unha recepción institucional no Pazo Provincial na que estiveron o vicepresidente, César Mosquera; o asesor Carlos Pérez e persoal técnico do Revitaliza, así como o director Isaac Peraire, Pilar Chiva como directora da área de Economía Circular, Josep Simó da área de Infraestructuras e Francesc Giró como director de Planificació Estratègica, persoal técnico ao máis alto nivel da Agència.

O máximo responsable político da axencia, Isaac Peraire, amosouse agradecido á equipa da Deputación polos dous días de traballo na provincia. A de Pontevedra, dixo, é a súa primeira viaxe unha vez que o novo goberno de Catalunya creou unha consellería de Acción Climática na que están englobadas tanto as áreas de residuos, agricultura como cuestións ambientais. Segundo asegurou, a visita para coñecer o Revitaliza organizouse porque "gústanos mirar aos que o fan mellor ca nós".

Peraire recoñeceu que "hai un ámbito específico que queremos aprender de aquí", e a pesares de que hai tempo que existen as relación entre os dous entes, "agora queremos dar saltos adiante, e por iso os dous días imos aproveitar para coñecer máis e mellor os aspectos técnicos e legais da compostaxe en quilómetro zero, que é unha filosofía e unha forma de traballar que queremos aplicar tamén en Cataluña, en diferentes sitios e territorios do noso país".

Insistiu en que "é o momento das grandes cidades, por iso queremos fixarnos en como fai Pontevedra, pero tamén ver como se fai noutros municipios pequenos".

Sobre a posible achega catalana ao Plan Revitaliza, Peraire explicou que Cataluña está a aplicar o modelo de recollida porta a porta como fórmula para realizar unha "selectiva de alta eficiencia".

"O porta a porta para nós ten uns resultados boísimos, mais é moi importante que os municipios grandes dean o salto", dixo.

"Ver en todos lados para atopar solucións"
O vicepresidente provincial, César Mosquera, subliñou que, ademais de explicar o modelo pontevedrés, "unha experiencia que está a funcionar bastante mellor que outras que teñen amosado limitacións", a Deputación pretende sacar partido da visita e o ‘know how’ catalán. Explicou que a intención é que o persoal do Revitaliza -e incluso se é posible unha delegación dos concellos da provincia- visiten Cataluña para coñecer a dinámica de traballo da Agència.

"Neste mundo dos residuos, no que está todo por facer, hai que mirar para non gastar recursos en vías que non sexan óptimas. Ver en todos lados para atopar as solucións", dixo.

Ademais de ser recibida no Pazo Provincial, a delegación catalá visitou onte os concellos de Moaña, Vilaboa e Poio para ver in situ os centros de compostaxe. Este venres celebrarase no pazo da Deputación unha Xornada Aberta de Residuos á que asistirán preto de medio cento de representantes dos concellos Revitaliza.

Pontevedra e Cataluña comparten coñecementos sobre xestión de residuos
Comentarios
ç