Lavado de cara no paseo marítimo entre a ponte das Correntes e As Corvaceiras

Parte do paseo na zona de Corvaceiras. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Plantaranse mais plantas e novas arbores e mellorarase o aspecto da entrada ao Club Naval coa creacion de novos xardins

Lavado de cara no paseo marítimo entre a ponte das Correntes e Convaceiras. A Concellaría de Medio Ambiente co Concello empeza nestes días o redeseño paisaxístico das zonas verdes do paseo da ría entre a ponte das Correntes e Corvaceiras. Trátase de recuperar espazos degradados co paso do tempo e retirar exemplares de plantas en mal estado, crear macizos de arbustos con flor e repoñer árbores, pero seguindo unha coherencia paisaxística en toda a zona.

Partindo do Club Naval, está prevista unha reformulación dos espazos verdes. Plantarase arborado similar ao do resto do paseo e tamén plantas, mellorando a imaxe do acceso a esta instalación.

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste venres◄