Pontevedra defende en Las Palmas que a peonalización non é unha guerra contra os coches

A concelleira de Urbanismo e Promoción de Pontevedra, Anabel Gulías, afirma que nas cidades débese "repensar o vehículo" e defende a "ocupación polas persoas"

Anabel Gulías en Las Palmas de Gran Canarias.ADP
photo_camera Anabel Gulías en Las Palmas de Gran Canarias.ADP

Las Palmas de Gran Canaria traballa na posta en valor dun plan de mobilidade urbana que xira arredor do binomio transporte público-peonalización. Por este motivo, a compañía de transporte urbano da cidade, Guaguas municipales de o Concello organizaron unhas unhas xornadas sobre Peonalización e Mobilidade Sostible na que Pontevedra foi convidada para expor o seu modelo de cidade.

Por este motivo, a concelleira de Urbanismo e Promoción de Pontevedra, Anabel Gulías, acudiu ao foro Hablemos de peatonalización, en Las Palmas, xunto co director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, onde compartiron mesa con Héctor Machín, profesor de Arquitectura y Urbanismo de la ULPGC; Tere García, arquitecta e colaboradora do blog Seres Urbanos de El País e José Eduardo Ramírez, concelleiro de Mobilidade e Cidade de Mar de Las Palmas e o presidente da compañía Guagas Municipais.

Neste marco, Gulías explicou a aposta de Pontevedra pola recuperación dos espazos públicos para as persoas.

“Hai que repensar o vehículo” sinalou a concelleira quen tamén puxo a énfase en que a peonalización “non é unha guerra contra o vehículo privado”, é unha aposta pola ocupación da cidade polas persoas, pola convivencia.

O tempo amosou que o tráfico necesario para o funcionamento dunha cidade “é moi pouco”. O acceso aos garaxes, a actividade económica e comercial, os servizos de todo tipo están garantidos, subliñou a concelleira. Foi o director xeral de Urbanismo o encargado de explicar os aspectos máis técnicos do proceso de transformación urbana. Falou dos aparcamentos de servizos, dos bucles circulatorios ou das medidas de calmado de tráfico que axudan a facer de Pontevedra un referente mundial en materia de mobilidade peonil.

Comentarios