Pontevedra déixase beber en Pontedetapas

Un total de 16 bares da cidade servirán ata o vindeiro 1 de decembro ata 18 cócteis diferentes no marco da duodécima edición do certame gastronómico onde só dous combinados son sen alcohol
Uno de los puestos de Pontedetapas. DAVID FREIRE
photo_camera Uno de los puestos de Pontedetapas. DAVID FREIRE

A duodécima edición de Pontedetapas tamén se deixa beber. Un total de 16 bares da cidade servirán ata o vindeiro 1 de decembro ata 18 cócteis diferentes. Só dous deles son sen alcol.

O único combinado que sinala que é apto para persoas con celiaquía é o do Mulligans, o establecemento que o ano pasado gañou o premio ó mellor trago.

Unha das novidades deste ano é a participación de dous postos do espazo gastronómico da primeira planta do Mercado de Abastos.

Ademais dos cócteis, Pontedetapas tamén apostará polos bocados gastronómicos para relanzar ó sector da hostalaría, que afronta novembro como un dos meses máis baixos en termos de facturación. Un total de 53 establecementos competirán no concurso con 31 tapas tradicionais e 20 creativas e 18 cócteis.

Patrocinado por Mahou por segundo ano consecutivo, Pontedetapas tamén entregará premios á xente que vote a súa tapa ou trago favorito. Hai en xogo dous cheques de 500 euros para gastar no comercio ou mercado local. Un dos vales se extraerá ó azar entre os cupóns que se cubran en formato papel. O outro sortearase entre os clientes que voten a través da aplicación móvil.

PASAPORTE. Nesta edición tamén se manterá o Pasaporte Pontedetapas, que garante unha cea para dúas persoas valorada en 60 euros para as dez primeiras persoas que completen a ruta dos 53 bares e entreguen o documento selado na Casa da Luz antes do 8 de decembro.

Un xurado profesional será o encargado de elixir a mellor tapa e o mellor combinado.

Comentarios