domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Pontevedra encoméndase a Bóveda

Ofrenda da familia Bóveda e da súa fundación. RAFA FARIÑA
Ofrenda da familia Bóveda e da súa fundación. RAFA FARIÑA
Un concerto do portugués António Zambujo na Praza da Ferrería pecha unha xornada marcada polos actos en memoria do galeguista fusilado na Caeira: das ofrendas florais no cemiterio de San Amaro a un acto político do BNG

"Bóveda será a bandeira da nosa redencion", dixo Luís Bará. O deputado autonómico do Bloque Nacionalista Galego (BNG) foi un dos protagonistas do acto político que a súa agrupación celebrou este martes na Praza de Curros Enríquez de Pontevedra polo Día da Galiza Mártir. A conmemoración da data na que Alexandre Bóveda foi executado segue marcada por dúas grandes reivindicacións: a da institucionalización da xornada e a da anulación das sentenzas políticas do franquismo. Nas dúas se insistiu o martes, fundamentalmente por parte do BNG, protagonista de varias das accións do día. Pero, deixando á parte o acto central de homenaxe na Caeira, houbo máis: unha misa e ofrenda floral da familia Bóveda e da fundación que leva o seu nome no cemiterio de San Amaro; o depósito dunha coroa, ao pé do sepulcro do galeguista, por parte de Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez e Oriana Méndez, de Anova, e un concerto do portugués António Zambujo celebrado polo Concello na Praza da Ferrería. Pontevedra encomendouse a Bóveda este 17 de agosto.

Antonio Zambujo durante o concerto que encheu a Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

Antonio Zambujo durante o concerto que encheu a Praza da Ferrería. RAFA FARIÑA

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou a data para pasar o día en Pontevedra. Ante os medios de comunicación pola mañá e ante a militancia pola tarde repetiu algunhas ideas relacionadas coa reivindicación da memoria histórica. "Temos unha débeda democrática que require rehabilitar a figura de Alexandre Bóveda anulando o xuízo sumarísimo que o condenou a morte, así como todas as sentenzas, expedientes e sancións ditadas durante a ditadura franquista por motivos políticos, ideolóxicos, de raza ou de identidade e de diversidade sexual", dixo ante os xornalistas. "Saldar esta débeda require tamén institucionalizar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir para honrar a Alexandre Bóveda e a todas as persoas perseguidas e asasinadas polo franquismo en Galiza", continuou. "E, por último, tamén cremos que esta figura debe ser coñecida e divulgada nomeadamente por parte das institucións públicas".

VERGOÑA. Pola tarde, ante a militancia do BNG, repetiu que era "unha vergoña democrática que a súa figura non se teña rehabilitado mediante a anulación da sentenza franquista que o condenou a morte". "Cada día que pasa sen que se anule ese xuízo é un día perdido para facer xustiza e construír democracia", dixo. Para Ana Pontón este asunto está de máxima actualidade "nun momento de neofascismo e neofranquismo ante o que a mellor vacina é coñecer a historia e acabar coa impunidade dos crimes que se cometeron".

A voceira foi recibida cunha ovación en Curros Enríquez, unha praza que tiña todos os accesos controlados pola Policía Nacional (aparentemente ante a posibilidade de que se repetiran os incidentes protagonizados por traballados de Ence durante o día do pregón das Festas da Peregrina) e a onde chegou acompañada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e outros membros do seu partido. "Conseguimos recuperar Meirás e conseguiremos que se faga xustiza con Bóveda", asegurou a nacionalista, que se referiu en varias ocasións ao BNG como herdeiro do pensamento do galeguista fusilado. "Bóveda vive en nós".

Ademais de Pontón, no acto de Curros Enríquez interviñeron a responsable comarcal de Galiza Nova, Marta Gómez, e Luís Bará, que no seu discurso citou a Saramago: "Somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos, sen memoria non existimos e sen responsabilidade quizais non merezamos existir".

Pontevedra encoméndase a Bóveda
Comentarios
ç