lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Pontevedra entrégase aos libros un ano máis

Salón do libro de Pontevedra
Salón do libro de Pontevedra
Preto de 1.500 persoas participan na xornada inagural do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Centos de persoas pasaron este sábado polo Pazo da Cultura de Pontevedra para participar nalgunha das actividades da segunda xornada do XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra na cidade ata o 2 de abril, baixo o lema 'O mundo que queremos'.

O éxito da xornada inaugural, na que, segundo a organización, pasaron preto de 1.500 persoas polo evento, quedou refrendado desta maneira. Na edición do ano pasado, o Salón contabilizou máis de 30.000 visitas.

Entre as actividades que se desenvolveron na xornada do sábado (máis dunha ducia entre obradoiros, contacontos e distintos espectáculos) destacaba o inicio da proposta do artista e arquitecto Román Corbato, que coordina o taller 'Construíndo un mundo mellor'. Nel convida a cativos maiores de 5 anos a axudarlle a construír un muro de caixas de cartón. Sobre el escribiranse e debuxaranse os desexos dos nenos.

Este sábado, ademais, actuou o grupo de teatro Caramuxo e ofreceu un concerto Pablo Díaz acompañado da Banda Tic Tac Toc. O ex valador do pobo José Julio Fernández tamén presentou o seu libro Clara e o rapto do solpor acompañado da actriz María Carrera.

Pontevedra entrégase aos libros un ano máis
Comentarios
ç