Pontevedra estreará dúas novas liñas de bus urbano o 1 de outubro

Monte Porreiro contará con autobuses cada 15 minutos e conexión directa co hospital de Montecelo ► Os novos prezos varían entre o 1,50 euros do billete único, e os 0,18 euros por billete se un supera as 41 viaxes ao mes
Autobús urbano a Monte Porreiro. GONZALO GARCÍA (ADP)
photo_camera Autobús urbano a Monte Porreiro. GONZALO GARCÍA (ADP)

As catro liñas actuais de bus urbano de Pontevedra serán substituídas a partir do 1 de outubro por dúas novas. Un dos puntos máis destacados no novo plan é o barrio de Monte Porreiro, que vai ter unha maior frecuencia de autobuses —cada 15 minutos — e que pasará a ter unha conexión directa co hospital de Montecelo.

mapa

O Concello tamén fai un chamamento a todos os usuarios do antigo servizo á hora de adquirir a nova tarxeta que precisarán para usar as novas liñas, se é que queren beneficiarse dos descontos que achega o novo modelo. A tarxeta leva por nome Tarxeta de Transporte Público de Galicia, e pode ser solicitada en catro oficinas de Abanca da Boa Vila —en Augusto González Besada, Eduardo Pondal, Juan Bautista Andrade e Xosé Malvar—, malia que poden variar un chisco nos vindeiros días. O Concello recomenda consultar a web habilitada con toda a información sobre as liñas, que será actualizada con calquera tipo de mudanza nese sentido.

linea

Por outra parte, as vellas tarxetas quedarán anuladas e non poderán ser usadas nas novas liñas unha vez comecen a funcionar. 

Os novos prezos varían entre o 1,50 euros do billete único, e os 0,18 euros por billete se un supera as 41 viaxes ao mes.

prezos