Pontevedra, exemplo de mobilidade urbana nun foro en Toulouse

Lores tivo a oportunidade de expoñer no Fórum Zéro Carbone o modelo urbano traballado na Boa Vila
M. A. Lores no Fórum Zéro. DP
photo_camera M. A. Lores no Fórum Zéro. DP

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tivo a oportunidade de expoñer no Fórum Zéro Carbone, en Toulouse (Francia) o modelo urbano traballado durante décadas na vila pontevedresa. A cita, con carácter internacional, celebrouse no Salón dos ilustres do Capitolio de Toulouse e leva por título Une proximité heureuse. Alí, reúnense reputados especialistas en urbanismo, mobilidade e arquitectura para afondar nos diferentes temas que se tratarán nas diferentes exposicións do evento.

Segundo Lores afirmou, os asistentes amosaron un especial entusiasmo nas medidas tomadas co fin de demostrar que a cidade pode funcionar só cos vehículos necesarios.

Nesta oportunidade á que acudiu o rexedor da cidade, que tamén é o presidente das Cidades que Camiñan, puido sinalar a importancia de crear e proxectar cidades compactas onde a cidadanía tivese os servizos necesarios en tramos curtos e con desprazamento a pé.

Comentarios