domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Pontevedra faise pirata con Benito Soto

As tripulacións do Morning Star e do Trois Mers desembarcaron na Boa Vila pedindo a cabeza do famoso pirata do barrio da Moureira, que desfilou a bordo da súa nave, a Burla Negra
 

Desembarco das armadas inglesa e francesa nas rúas de Pontevedra. RAFA FARIÑAOs piratas de Benito Soto tomaron as rúas de Pontevedra como xa é habitual na cidade cada martes de Entroido. A tripulación do Burla Negra chegaba ao centro da cidade pasadas as 22.30 horas e paseaba na mencionada embarcación polas súas rúas despois de que a armada inglesa e a francesa irrompesen na Praza da Ferrería coa intención de recuperar os tesouros roubados polo pirata da Moureira.

Consulta aquí as mellores imaxes da noite pirata

"Esta será a Ferrería Square!", berraba un dos soldados ingleses, que chegaron dende a Praza da Leña. Mentres, ao ritmo da Marsellesa, chegaban as tropas francesas de Napoleón dende a Peregrina.

As asociacións Combrus e Troula foron as encargadas de levar a cabo o espectáculo que reuniu a un numeroso público que se caracterizou tamén de pirata para acompañar e defender ao pirata máis famoso da Boa Vila.

Tras o espectáculo de luces, lume e pirotecnia que se levou a cabo a bordo do Burla Negra, o Morning Star e o Trois Mers as rúas da cidade acolleron a música de Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Paparrulos, Os Canecos, Os 100 Tolos, Amoriños de Bora e Vamos a Todo. 

Pontevedra faise pirata con Benito Soto
Comentarios