Pontevedra inaugurará o xoves unhas luces que brillarán máis e en máis rúas

Cinco árboles de grandes dimensión e un programa cheo de actividades para os nenos son os pratos fortes para o Nadal da Boa Vila 
Un instante de la Cabalgata de Reyes. JOSÉ LUIZ OUBIÑA 10
photo_camera Un instante de la Cabalgata de Reyes. JOSÉ LUIZ OUBIÑA 10

O Concello de Pontevedra presentou este luns o seu programa de Nadal, que arrincará este 5 de decembro co encendido das luces, que se manterán en funcionamento todas as noites ata o 12 de xaneiro.

A concelleira de Cultura, Came da Silva, presentou este luns plan da Boa Vila para estas festas, que se caracterizarazán por unha maior luminosidade, dado que, este ano a iluminación contará con "máis luces" en zonas onde xa as había; e extenderase ata novas zonas, como a Rúa Augusto García Sánchez, a Praza de Galicia, a Avenida da Estación, a Rúa Josefina Arruti, a Avenida de Vigo, as Rúas María Victoria Moreno, Xeneral Rubín e Loureiro Crespo e a Avenida de Lugo.

O encendido das luces levarase ao cabo nun acto que terá lugar na Praza da Ferrería ás 18.00 horas, xunto ao árbol de 20 metros de altura. A inauguración das festas contará cunha actuación musical e "un espectáculo aéreo sorpresa", apuntou da Silva.

Ademais, haberá outro árbol de 10 metros de alto en Curros Enríquez e outros dous de 7 en Méndez Núñez e na Praza do Hospital Provincial. Tamén estase a preparar a instalación de dúas bolas xigantes diante da Audiencia Provincial e na insterxección entre as rúas Peregrina e Daniel de la Sota.

A intalación contará cunha serie de paneles repartidos por toda a cidade que contan cunha variedade de 386 motivos. A empresa de Puente Genil Porgesa é a encargadfa da súa instalaicón, cun orzamento de 115.000 euros. En el marco de la operación antidroga de O Vao se produjo al menos un registro en un inmueble de A Estrada.

Programa

En canto ao programa, o Concello plantexa unha serie de actividades clulturais e de entretemento destinadas aos máis pequenos, na que se contemplan contacontos, obras teatrais, obradoiros de cociña e todo tipo de actividades, que se repartirán por diferentes puntos da cidade, como no Centro Cultural de Campañó, o de Verducido, Ponte Sampaio, a Casa Verde de Salcedo, da Canicouva, na Canicouva, a Centro Cultural do Lérez.

Ademais, o día 5 As Súas Maxestades de Oriente visitarán ben cedo Pontevedra para a súa recepción no Pazo de Mugartegui, ás 11 da mañá. Logo, á tarde, a cabalgate Real Percorrerá ás rúas, dende José Malvar ata a Alameda.

Consulta aquí o programa conmpleto.

Comentarios