Domingo. 21.04.2019 |
El tiempo
Domingo. 21.04.2019
El tiempo

Pontevedra lanza un novo anuncio para promocionar a cidade de cara a Semana Santa

Máis de 80 figurantes que aparecen no vídeo son veciños da cidade, segundo a concellería de Promoción

De cara ás vacacións de Semana Santa, a concellería de Promoción de Pontevedra acaba de sacar un novo anuncio no que publicita a cidade coa lema 'En Pontevedra non acollemos turistas, facemos amigos e amigas'. O vídeo está realizado por Producciones Mutantes.

Segundo explican dende o Concello, este spot pretende "facerse eco do que fai grande a unha cidade como Pontevedra: as súas xentes". Aseguran que a intención era amosar ao mundo a maneira de vivir, "cunha idiosincrasia única", dos pontevedreses.

O anuncio envía a mensaxe de que os veciños sempre tratan aos viaxeiros como se foran da casa, polo que se trata dun destino que se debería ter en conta á hora de pensar nas próximas vacacións.

"Os preto de 80 figurantes que aparecen no spot non son actores ou actrices profesionais. Son veciñas e veciños reais da cidade, porque era fundamental representar o auténtico espírito de Pontevedra e soamente elas e eles o podían facer", aseguran no comunicado emitido dende o Concello.

Pontevedra lanza un novo anuncio para promocionar a cidade de cara...
Comentarios