Pontevedra está para mollar pan

O Diario elixe dez petiscos creativos que cómpre catar na nova edición do certame de Pontedetapas

Gif petiscos
photo_camera Os dez petiscos escollidos polo Diario

A nova edición de Pontedetapas comeza con éxito de público. Faino no primeiro fin de semana do certame gastronómico, que este ano reúne a 55 establecementos que competirán pola mellor tapa da cidade. O Diario elixe dez das 25 propostas creativas que bares e restaurantes propoñen para este concurso que cómpre catar.

Como vén sendo tradicional nos últimos exercicios, o evento tamén terá en conta ás persoas con celiaquía. De feito, 14 das 73 tapas que dende o venres pasado se están a servir no marco de Pontedetapas son aptas para a xente alérxica ó glute.

Ademais das tapas, o certame tamén propón 14 cócteles. Só un deles é sen alcol.

O evento finalizará o vindeiro 18 de novembro e os premios entregaranse con posterioridade. Entre os galardóns destacan dous vales para o público valorados en 500 euros para gastar no comercio local e Tapa Pontevedra, que recoñecerá o mellor petisco que representará á Boa Vila nun certame de carácter autonómico.

Roliños Coreanos

Roliños coreanos, curry verde e manga

Badiana Tapas. Compite na modalidade de tapa creativa. Está composta Boloñesa de vaca, kimchee, pasta wonton, leite de coco con curry verde e crema de manga.

Pan de brioche

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pan de brioche con xarrete á chama

La Ultramar Pepe Vieira. Compite na modalidade de tapa creativa. A receita está elaborada cos seguintes ingredientes: pan de brioche e xarrete.

Molete do país

Molete do país

Casa Verdún. Compite na modalidade de tapa creativa. A receita está elaborada con pan, queixo de tetilla, lacón, chourizo e grelos.

Polbo emigrante

 

 

 

 

 

 

 

 

 

'O polbo emigrante' Atlántico vs Asiático

El Cafetín de la Alameda (La Gastroteca). Tapa creativa a base de polbo, kimchi, leite de coco, algas varias, ravo, curry, cebola morada, chili e panko crocante.

Terra, ovo e oviño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Terra, ovo e oviño

La Culpa de la Gula. Compite na modalidade de tapa creativa Leva ovo, cogomelos variados, magret de pato, viño albariño, castaña de Ourense e pan de millo.

Bruma do norte1

Bruma do Norte

Padal da Santiña. Compite na modalidade de tapa creativa. A receita está elaborada a base dos seguintes ingredientes: bacallau, arroz, allada e cervexa.

Os callos do mar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os callos do mar

Loaira. Tapa creativa. Leva cogombro de mar, tripas de bacallau (vexiga natatoria), garavanzo pedrosillano, algas varias, pateiros, tinta de luras e nitróxeno líquido. É apta para persoas celíacas.

Mexillóns en cebiche

Mexillóns en cebiche de Bloody Mary

Savoy Restobar. Compite na modalidade de tapa creativa. A receita deste bocado está elaborada a base de mexillóns, leite de tigre e Bloody Mary. É apta para persoas celíacas.

Orballo mareiro

Orballo Mareiro

BocArte espacio gastronómico. Tapa creativa a base de mexillón, berberecho, brotes tenros, falso caviar, cebola, pementos, fariña de millo, espirulina e lecitina de soia. É apta para persoas celíacas.

A vieira que levaron á horta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A vieira que levaron á horta

Icewolf. Compite na modalidade de tapa creativa. A receita está elaborada cos seguintes ingredientes: vieira, mazá granny smith e xenxibre. É apta para persoas celíacas.

Comentarios