Pontevedra ofrece a casa de cultura de Ponte Sampaio como solución temporal

Consultorio de Ponte Sampaio. DP
photo_camera Consultorio de Ponte Sampaio. DP

A xunta de goberno local de Pontevedra adoptou este mércores un acordo de apoio á plataforma veciñal de Ponte Sampaio e A Canicouva que defende o regreso do médico ao consultorio de Ponte Sampaio.

A portavoz do goberno, Anabel Gulías. explicou este luns que son "múltiples" os contactos que o Concello mantivo co Sergas "até esta mesma mañá, e dá a impresión que nos dan escusas".

O Concello entende que o Sergas debe posicionarse aclarando cal é a súa decisión. De feito, a portavoz indicou que se "dun problema de espazo se trata, o Concello pon a disposición a Casa da Cultura de Ponte Sampaio", que xa foi consultorio médico no seu día, como solución provisional para retomar o servizo facultativo. Ao tempo, o Goberno Local tamén reclama ao Sergas que lle facilite os informes técnicos sobre as necesidades sanitarias actuais, para determinar que espazos na parroquia poderían empregarse como consultorio médico con carácter definitivo. A portavoz do Goberno concluíu que, en realidade, “dá a sensación de que ao Sergas non lle interesa que o médico regrese ao consultorio”

Comentarios