Pontevedra ofrece unha programación de Nadal "para levantar o ánimo"

Todos os espectáculos na rúa serán itinerantes para evitar aglomeracións
Pontevedra se prepara par la Navidad. RAFA FARIÑA
photo_camera Pontevedra prepárase para o Nadal. RAFA FARIÑA

A concellaría de Festas de Pontevedra, que dirixe Carme da Silva. presentou este mércores a programación de Nadal, que comezará este venres co acendido da iluminación de rúa e que se prolongará até o vindeiro 10 de xaneiro polo centro da cidade, os barrios e as parroquias.

A concelleira explicou que se busca "levantar o ánimo ás persoas, sendo conscientes das dificultades e das medidas de seguridade, para que fósemos un pouco máis felices". Tamén indicou Da Silva que esta programación obedece a que "é necesario inxectar recursos económicos no sector cultural, un dos máis afectados por esta situación", e ao comercio local.

A programación vai ter dous escenarios principais: as rúas e prazas de toda a cidade, por un lado, e Teatro Principal, por outro.  "Para que sexan seguros optamos por espectáculos itinerantes polos barrios e rúas da cidade, para evitar posibles aglomeracións e problemas de aforos", indicou Da Silva.

Así, desde o 4 de decembro, nove grupos que van facer máis de 30 espectáculos itinerantes: Charanga OT, Charanga Mil9, Pablo Méndez, Barafunda, Rivel,Armonium… No outro escenario, o Teatro Principal, estará a programación infantil con dous pases e nove espectáculos diferentes de catro compañías.

A programación comeza este venres, 4 de decembro, ás 18.30 horas co acendido da iluminación de Nadal na cidade. "Ilumínanse máis rúas ca nunca (81) e disporá de máis motivos de Nadal ca nunca", destaca o Concello.

Como novidades haberá unha campá xigante en Barcelos, bolas de Nadal na praza do Hospital e en Monte Porreiro; unha árbore de Nadal na Parda e reforzarase a iluminación do centro histórico, entre outras.

O resto da programación:

Xoves, 10 de decembro.


- SORPRESA no ámbito do Pazo da Cultura.

Sábado, 12. Animación de rúa


- 12:00 Nelson Quinteiro. Centro histórico. Os Apalpadoriños
- 12:30 CHARANGA MIL9. Barcelos, Santa Clara e Centro Histórico
- 16:30 CHARANGA MIL9. Rosalía de Castro, Campolongo e Centro Histórico

 Xoves, 17 de decembro. O poboado de Nadal e Tirolina


- O poboado de Nadal na Ferraría.

  • Escenas de Nadal na contorna da árbore da Ferraría a modo de photocall
  • 15 casetas de produtos de Nadal (a maior parte procedentes do comercio local): elementos de decoración para árbores, ilustracións de Nadal, gravados, xabóns naturais de Nadal, decoracións de Mesa, brezos, girnaldas, postais, axendas, contos de nadal, nacementos, árbores, turróns, panettone, mazapáns, chocolate quente… e outros moitos produtos de Nadal. (4 das casetas son gastro)
  • Recinto pechado con seguridade e control de aforos. Medidas prevención Covid.

- Tirolina da Raíña Vitoria:

  • 150 metros de lonxitude con medidas de prevención Covid.
  • Elementos de decoración de Nadal ambientando a praza.

Venres, 18 de decembro. Animación de rúa


- 12:00 CHARANGA OT Centro Histórico, Peregrina, Alameda
- 16:00 CHARANGA OT. Eduardo Pondal, Virxe do Camiño, Centro Histórico
 

Sábado, 19 de decembro. Animación de rúa


- 12:00 TROULA ANIMACIÓN. O Séquito do Carteiro Real. Centro
- 16:00 TROULA ANIMACIÓN. O Séquito do Carteiro Real Virxe do Camiño, Peregrina
 

Martes, 22 de decembro. Animación de rúa


-12:00 TROULA ANIMACIÓN O Mundo do Circo. Zona A Parda, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Daniel de la Sota

-16:00 TROULA ANIMACIÓN O Mundo do Circo. Michelena, Centro Históco.

Miércores, 23 de decembro. Animación de rúa + Música - Animación de rúa


- 12:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. A Esmorga dos Trasnos. Centro Histórico
- 12:30 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. O Burgo, Mercado
- 16:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. A Esmorga dos Trasnos. Rosalía de Castro, Centro Histórico

  •  Música (Pazo da Cultura)
    ​- “Concerto de Nadal” da Banda de Música de Salcedo

Xoves, 24 de decembro. Animación de rúa


 - 12:00 RIVEL ANIMACIÓN. Duendes de Nadal. Centro Histórico, Michelena, Peregrina
 

- 12:30 LA FIESTA ESCENNICA. PINGUINS. Centro Histórico
 

- 16:30 LA FIESTA ESCENNICA. O Circo. Campolongo, Rosalia de Castro, Alameda
 

 Sábado, 26 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil


 Animación de rúa

- 12:00 CHARANGA OT. Monte Porreiro
 

 - 12:30 NELSON QUINTEIRO. FLASHTOP ELFOS. Centro Histórico, Peregrina, Oliva, Rosalia de Castro
 

- 16:00 CHARANGA OT. A Parda, Loureiro crespo, Barcelos, Centro Histórico


- Programación infantil

  • Ás 12h e 18h. Pavís Pavós, “Contos para escorrentar o frío”

 

 Domingo, 27 de decembro. Programación infantil.


- Ás 12h. e 18h. da man de Pavís Pavós Contos da Marquesa

Martes, 29 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil


- Animación de rúa

- 12:00 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. Avenida de Vigo, Peregrina, praza de España

- 16:00 NELSON QUINTEIRO. Os Apalpadoriños. Centro Histórico, Barcelos

  • Programación infantil

  • Polo Correo do Vento
    - 12:00h. Periplo de Nadal
    - 18:00h. O esquío rampante.

Mércores, 30 de decembro (zona centro). Animación de rúa


- 12:00 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Bolas de Nadal

- 12:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Faunos

- 16:00 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE. Bolas de Nadal

- 16:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE Faunos

 

Xoves, 31 de decembro. Animación de rúa + Programación infantil


- Animación de rúa

  •  12:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. Fantasía do Nadal. Castelao, Cruz Gallástegui, Daniel de la Sota, Peregrina
     
  • 16:00 BARAFUNDA ANIMACIÓN. Fantasía do Nadal. Santa Clara, Barcelos, Centro Histórico

- Programación infantil

  • Ás 12:00h. O Lobo e a lúa de Baobab Teatro

 

Venres, 1 de xaneiro. Música


- Concerto Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra con pase dobre ás e 18 e 20h. Pazo da Cultura


Sábado, 2 de xaneiro. Animación de rúa + programación infantil


- Animación de rúa

  • 12:00 CHARANGA MIL9. Monte Porreiro
  • 12:30 RIVEL ANIMACIÓN

- Trasnos de Nadal, Centro Histórico

  • Boneco Animado, Rosalia de castro, Alameda, Oliva
  •  16:00 CHARANGA MIL9. A Parda, Loureiro Crespo, Barcelos, Centro Histórico
  • 16:30 RIVEL ANIMACIÓN
    - Trasnos de Nadal, a Parda, Loureiro crespo, Barcelos
    - Boneco Animado, Centro Histórico

- Programación infantil

  •  Ás 12 e 18h. “Merenda con pan de millo” de Migallas.
     

 Domingo, 3 de Xaneiro. Programación infantil


- 12 e 18 horas. Cantacontos de Migallas

Martes, 5 de Xaneiro. REIS


 Nas parroquias ás 10.30: Alba, Verducido, Santo André de Xeve, Santa María de Xeve, Monte Porreiro, Bora, Campañó, Cerponzóns, Lérez; 16:00 horas: A Canicouva, Lourizán, Marcón, Mourente, Ponte Sampaio, Salcedo e Tomeza

- Música e animación de rúa cada hora: ás 11, 12, 13, 16, 17, 18 e 19 horas. 8 grupos distintos e 5 actuacións consecutivas no mesmo ámbito.
 

Sábado, 9 de Xaneiro. Programación infantil


- 12 e 18 horas. Pum pum de Baobab Teatro


Domingo, 10 de xaneiro. Programación infantil


- 12 e 18 horas. Luppo de Baobab Teatro.

Comentarios