jueves. 16.07.2020 |
El tiempo
jueves. 16.07.2020
El tiempo

Pecha o albergue habilitado no confinamento para persoas sen fogar no Multiusos da Xunqueira

Multiusos da Xunqueira, este lunes. DP
Multiusos da Xunqueira, este lunes. DP
Paloma Castro explicou que "a maior parte dos usuarios foron derivados aos albergues de Calor e Café e Cáritas"

O Concello de Pontevedra pechou este luns o albergue habilitado durante oito semanas no Pavillón Multiusos da Xunqueira para ofrecer teito a persoas sen fogar no marco da crise sanitaria. 

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Paloma Castro, desprazouse a última hora da mañá deste luns ata o lugar para supervisar a recollida do material e o desmonte da trintena de camastros, un labor que levaron a cabo traballadores de Cruz Vermella. 

A edil explicou que "a maior parte dos usuarios foron derivados aos albergues de Calor e Café e Cáritas", cunha traballadora social asignada para "seguir os seus casos e aproveitar os avances conseguidos neste período" en cuestións como a adquisición de determinadas rutinas de hixiene e coidado persoal. 

Con motivo da crise sanitaria o Concello de Pontevedra puxo en funcionamento dous albergues, o de Raíña da Paz, en Salcedo, e este Pavillón da Xunqueira, que acolleron a 45 persoas. 

Patricia González, coordinadora dos dous albergues, explicou que, nalgúns casos, unha vez que as profesionais do departamento de Benestar Social puxéronse en contacto con familiares, parentes próximos ou achegados dos usuarios, o Concello tamén se encargou de pagarlles os billetes de transporte público "para retornar ás súas cidades de orixe". 

A concelleira engadiu que a algunha persoa concedéuselle a Renda Social Municipal, "de maneira que poderá reiniciar a súa vida compartindo piso ou nalgunha pensión". 

A partir de agora o Consistorio seguirá cada un dos casos de maneira particular e "realizará cursos de formación laboral con varios dos usuarios".

1,5 MILLÓNS DE EUROS. Por outra banda, a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, informou este luns que o Concello de Pontevedra destinou case 1,5 millóns de euros en actuacións relacionadas coa Covid-19 e dirixidas tanto a prever os contaxios e garantir a seguridade de traballadores e cidadanía como a atender situacións específicas que xurdiron coa aparición da pandemia. 

Son accións como os xa citados albergues para persoas sen teito, e tamén o Plan de continxencia para comedores escolares e familias en risco de exclusión, desinfección de vehículos, adaptación de postos de traballo, programas de promoción económica, EPIs ou equipos para teletraballo, que supuxeron un gasto de 909.411 euros. 

Ademais incluíu a remodelación da planta baixa e do segundo piso das dependencias municipais de Michelena 30, que ascende a 528.619 euros. 

Pecha o albergue habilitado no confinamento para persoas sen fogar...
Comentarios