Pontevedra prepárase para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

Dende o goberno local propónse un acto que leva por lema 'Unha soa Terra, non hai planeta B e a a intervención da iniciativa 'Os Xardíns que Falan'
Casa das Campás, onde terá lugar a charla. GOOGLE
photo_camera Casa das Campás, onde terá lugar a charla. GOOGLE

Pontevedra celebrará o 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente cun acto que leva por lema 'Unha soa Terra, non hai planeta B', que se celebrará o vindeiro domingo na Casa das Campás ás 18.00 horas. 

O evento será presentado pola subdelegada do Goberno Maica Larriba, que plantexará un diálogo no que intervirán Marc Pons, director de Gabinete da Vicepresidenta Terceira; o concelleiro Medio Natural, Iván Puentes, e a parlamentaria Paloma Castro, covoceira de Medio Ambiente do grupo socialista no Parlamento galego. Do mesmo xeito, estarán presentes outras personalidades políticas como a ministra Ribera, David Regades ou o secretario de Organización José Manuel Lage, que será o encargado de pechalo. 

A maiores deste acto, dende a Concellería tamén se propón a intervención da iniciativa 'Os Xardíns que Falan', que levará por lema 'A Terra é quen máis ordena' e que se ubicará na Praza de España os días 4 e 5 de xuño. 

Comentarios